Dolores Rial Fernández
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado cunha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outras biografías que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
Dolores Rial Fernández, nada en Comesaña (Vigo), é unha mestra especializada en educación infantil e escritora galega.
Traxectoria [editar]
Implicada na innovación educativa, colaborou na revista Infancia: educar de 0 a 6 años e é coautora, con Azucena Arias Correa do libro Traballar por proxectos nas aulas de infantil e primaria (Vigo: Xerais, 1996).
Como escritora de literatura infantil publicou os libros O cumpreanos do rei Pericón, ilustracións de Kiko da Silva (Vigo: Ir Indo, 1998) O calcetín amarelo, ilustracións de Ramón Trigo (Vigo: Ir Indo, 1999).