Doce Apóstolos de Irlanda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
San Finnian transmitindo a súa bendición aos Doce Apóstolos de Irlanda

Os Doce Apóstolos de Irlanda (tamén coñecidos como Doce Apóstolos de Erin, Irlandés: Dhá Aspal Déag na hÉireann) foron os doce primeiros santos monásticos do século VI, que estudaron baixo a tutela de san Finnian (f. 549) na súa famosa escola monástica da abadía de Clonard en Cluain-Eraird, situada no actual Condado de Meath.[1]

Historia[editar | editar a fonte]

A abadía de Clonard, situada na beira do río Boyne no moderno condado de Meath foi unha das principais escolas monásticas da primitiva Igrexia en Irlanda. Durante o século VI, algún dos representantes máis significativos da historia do cristianismo en Irlanda estudaron alí. Segundo se cre, a media de estudantes na abadía foi de 3 000 persoas, das cales os doce que estiveron baixo a tutela de san Finnian de Clonard foron coñecidos como os "Doce Apóstolos de Irlanda".[1]

Os doce santos agrupáronse deste xeito no texto irlandés Dá apstol décc na hÉrenn (en irlandés moderno Dhá Aspal Déag na hÉireann). Este texto conservouse nun manuscrito pertencente a Michael O'Clery, datado en 1629.[2] Segundo este manuscrito forman parte do grupo:

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Gratton-Flood 1907.
  2. Van den Gheyn 1905, p. 384-389.
  3. Stokes 1905, p. 168-169.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]