Dobra

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

A dobra foi unha moeda castelá de ouro.

Ten a súa orixe no dobre dinar almohade, unha moeda de ouro, coñecida en castelán como dobla. Bateuse por vez primeira por orde de Fernando III trala conquista de Sevilla para substituír ó marabedí de ouro. En Castela desapareceu tras a reforma monetaria de 1497, aínda que perdurou nas Indias.

Ferramentas persoais