Diencéfalo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Esquema das principais subdivisións do encéfalo embrionario de vertebrado. No prosencéfalo orixínase o diencéfalo (en rosa).
Reconstrución dos nervios periféricos dun embrión humano de 10,2 mm.

O diencéfalo é a rexión do tubo neural dos vertebrados que dá lugar ás estruturas do prosencéfalo posterior. Durante o desenvolvemento embrionario, o prosencéfalo, que é a vesícula máis anterior do tubo neural, dá orixe ao diencéfalo e telencéfalo. Nos adultos, o diencéfalo está situado no extremo superior do tronco cerebral, entre o cerebro e o tronco cerebral. Está formado por catro compoñentes: tálamo, subtálamo, hipotálamo (onde se localiza a glándula pituitaria) e epitálamo (onde se localiza a glándula pineal).[1]

Organización[editar | editar a fonte]

Funcións[editar | editar a fonte]

O diencéfalo é a rexión do tubo neural dos vertebrados que orixina as estruturas do prosencéfalo posterior, como o tálamo, hipotálamo, porción posterior da glándula pituitaria, e a glándula pineal. O hipotálamo realiza numerosas funcións vitais, a maioría das cales están relacionada directa ou indirectamente coa regulación das actividades viscerais a través doutras rexións encefálicas e do sistema nervioso autónomo. O tálamo é a vía de entrada para todos os estímulos sensoriais excepto o olfactorio; está conectado co córtex cerebral e filtra os estímulos que chegan a ela, e é o centro onde residen as emocións e sentimentos.

Diencéfalo.

Nervios[editar | editar a fonte]

Ao diencéfalo únese o nervio óptico (par cranial II). O nervio óptico é un nervio sensorial (aferente) responsable da visión; iníciase no ollo e a través do canal óptico do cranio chega ao diencéfalo.

Representación tridimensional[editar | editar a fonte]

Diencéfalo (en vermello) sobre o tronco cerebral.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Jacobson & Marcus (2008). Neuroanatomy for the Neuroscientist. Springer. pp. 147. ISBN 978-0-387-70970-3.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]