Deuterio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O deuterio é un isótopo do hidróxeno cun neutrón no núcleo (ademais do protón). O isótopo deste elemento con dous neutróns denomínase tritio.

O osíxeno combinado con dous deuterios forma a molécula de auga pesada (óxido de deuterio), un dous líquidos máis caros e valiosos por ser bo moderador nos reactores nucleares denominados "de auga pesada".

A auga pesada é moi eficiente pola súa baixa taxa de absorción de neutróns; acada a maior "economía neutrónica" de todos os sistemas reactores comerciais, o que permite empregar neles como combustible uranio natural (sen que compra enriquecelo).

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas