Desenlace

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Enténdese por desenlace o final dunha obra narrativa, teatral, cinematográfica etc. Constitúeno os acontecementos que seguen ao clímax principal do argumento ou ao desenredo ou aclaración das complicacións do final.

Tipos de desenlaces[editar | editar a fonte]

  1. Terminantes: O problema queda resolto.
  2. Problemáticos: O problema segue sen se resolver.
  3. Dilemáticos: O problema ofrece dúas solucións: o lector é libre para elixir a que se lle antolle máis verosímil pero non pode estar seguro de cal é a verdadeira.
  4. Promisorios: Suxírense, sen especificar, posibles continuacións.
  5. Invertidos: O protagonista ó final toma unha actitude oposta á inicial.
  6. Sorpresivos. O narrador engana o lector e nas últimas liñas desengánao de forma inesperada.