Deporte rural vasco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O deporte rural vasco (en éuscaro Herri kirolak e en francés Force basque) é o termo que abrangue diferentes modalidades deportivas que se practican por tradición no medio rural do País Vasco.

Proba de barrenadoiros.

Algúns destes deportes surxiron e son específicos do País Vasco, aínda que outros se practican dun ou doutro xeito tamén noutras partes do mundo.

É destacábel que en xeral todos os deportes rurais vascos necesitan dunha gran forza física e unha gran resistencia.

Todos estes deportes teñen a súa orixe en actividades laborais do medio rural que se transformaron en activiades deportivas a partir da competencia entre diferentes persoas por ver quen ten a meirande destreza nunha actividade determinada. Así, por exemplo, a partir da actividade de curtar troncos para se aprovisionar de leña surxe o deporte dos aizkolaris ou curtadores de troncos; a partir da actividade de mover grandes rochas para a construción surxe o levantamento de pedras, etc.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]