Aizkolari

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aizkolari en acción compartindo escenario cuns txalapartaris.
Concursantes durante unha manifestación en Vitoria.
Competición na Praza da Trinidade de Donostia (1984).

Un aizkolari é un deportista que practica a corta de troncos con machada nalgunha das modalidades vascas. O termo provén do éuscaro e significa persoa que manexa ou traballa cunha machada. As probas de aizkolaris son un dos deportes rurais vascos máis populares.

Ás veces utilízanse os termo aizkolaritza ou aizkolarismo para referirse a este deporte, chamado aizkol jokoa (xogo da machada) o aizkolaritza en éuscaro.

Orixe[editar | editar a fonte]

Ten a súa orixe na explotación dos bosques para a obtención de madeira, materia prima básica na construción e na produción de carbón vexetal. Este traballo realizábase por cuadrillas que acampaban nos bosques. Os membros máis novos o fortes cortaban as árbores e os máis vellos desgaxaban, quitaban pólas e cortizas e partían os troncos en anacos do tamaño necesario. A competencia por demostrar a maior forza ou habilidade xeraba poxas que, como no caso doutros deportes rurais, levaban a desafíos na praza pública, fóra do traballo produtivo.

Aínda que se rexistraron moitos tipos de actos públicos en celebracións no País Vasco, non hai datos de exhibicións de aizkolaris antes do século XIX. As narracións dese século non rexistran os nomes propios dos competidores, aparecendo como "un de Beizama", "o fillo da casa Gorrizu", "cuadrilleiro de Nuarbe", "o do casarío Beunza", etc.

Coa industrialización do século XX, parte da poboación rural baixa ós centros industriais, levando alí as súas afeccións. En 1903 inaugúranse prazas de touros nas principais vilas e cidades guipuscoanas: Tolosa, Azpeitia, Donostia e Éibar. Nestas prazas celebrábanse probas de machadas, ademais de arrastre de pedra, pelexas de carneiros, etc.

Tradicionalmente, os desafíos facíanse nunha praza pública, polo que a única fonte de ingresos era para o gañador, que obtiña o poxado. Actualmente, as institucións financian exhibicións públicas, e cóbrase entrada por asistir ás competicións en lugares cubertos.