Demon Days

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Demon Days
Álbum de Gorillaz
Edición: 11 de maio do 2005 (Xapón)
23 de maio (Reino Unido)
Datas de gravación: xaneiro - decembro do 2004
Estudio(s) de gravación: Studio 13, Londres
Duración: 51:40
Xénero: hip hop alternativo
Selo(s): Parlophone
Producido por: Gorillaz, Danger Mouse, Jason Cox, James Dring
Cronoloxía
Gorillaz Demon Days Plastic Beach

Demon Days é o segundo álbum de estudio da banda virtual británica Gorillaz, publicado o 11 de maio do 2005 en Xapón e o 23 de maio no Reino Unido a través do selo Parlophone. O disco conta con colaboracións de De La Soul, Neneh Cherry, Martina Topley-Bird, Roots Manuva, MF DOOM, Ike Turner, Bootie Brown of the Pharcyde, Shaun Ryder, Dennis Hopper, o London Community Gospel Choir e o Children's Choir of San Fernandez.

Demon Days entrou nas listas ritánicas no número 1 e nas estadounidenses no número 6, superando ao seu álbum de estrea, Gorillaz. O disco vendeu seis millóns de copias en todo o mundo. Do álbum editáronse os sinxelos "Feel Good Inc.", "Dare", "Dirty Harry" e "Kids with Guns"/"El Mañana".

Listaxe de cancións[editar | editar a fonte]

N.º Título Duración
1. "Intro" (sampleado da banda sonora orixinal da película de 1978 Dawn of the Dead) 1:03
2. "Last Living Souls"   3:10
3. "Kids with Guns" (con Neneh Cherry) 3:45
4. "O Green World"   4:31
5. "Dirty Harry" (con Bootie Brown e o San Fernandez Youth Chorus) 3:43
6. "Feel Good Inc." (con De La Soul) 3:41
7. "El Mañana"   3:50
8. "Every Planet We Reach is Dead" (con Ike Turner) 4:53
9. "November Has Come" (con MF DOOM) 2:41
10. "All Alone" (con Roots Manuva e Martina Topley-Bird) 3:30
11. "White Light"   2:08
12. "DARE" (con Shaun Ryder) 4:04
13. "Fire Coming Out of the Monkey's Head" (con Dennis Hopper) 3:16
14. "Don't Get Lost in Heaven" (co London Community Gospel Choir) 2:00
15. "Demon Days" (co London Community Gospel Choir) 4:28
Cancións extra da edición xaponesa (hai tres edicións xaponesas distintas, cada unha delas con distinta canción extra.)
N.º Título Duración
16. "68 State" (edicións estándar e limitada)
"People" (re-edición)
"Hong Kong" (con Zeng Zhen) (ao vivo na Manchester Opera House) (edición premium)
4:46
3:27
6:38
DVD extra da edicón limitada
N.º Título Duración
1. "The Swagga" (audio) 4:57
2. "Feel Good Inc." (video musical) 4:15
3. "Feel Good Inc." (como se fixo) 3:49
4. "Feel Good Inc." (comentario de audio) 4:09
5. "Gorillaz Talent Quest" (g-bite) 1:10
6. "Gorillaz On Set" (g-bite) 0:29
7. "We Are Happy Landfill" (tema adicional descargable) 3:39