Delta (foguete)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Parte da familia de foguetes Delta. No diagrama móstranse as diferentes versións dos foguetes Delta II, Delta III e Delta IV.

Delta é o nome dunha familia de foguetes espaciais estadounidenses que ten súa orixe no mísil Thor, desenvolvido a finais da década de 1950.[1][2]

Historia[editar | editar a fonte]

O predecesor da familia Delta, o mísil balístico de alcance medio Thor, comezou como un proxecto iniciado en decembro de 1955. A idea era crear un mísil con compeñentes xa existentes. Tra-lo seu desenvolvemento e o lanzamento do Sputnik 1 por parte de Unión Soviética, comezouse a modifica-lo Thor para o seu uso como lanzador espacial. Unha das primeiras medidas foi acoplarlle unha etapa superior Able. Unha das desventaxas do Thor era o seu baixo cocente pulo/masa, que limitaba o posible aumento da carga útil ou o uso de maiores etapas superiores. O problema foi solucionado usando foguetes aceleradores de propelente sólido Castor para aumenta-la carga lanzable. Sucesivas melloras convertiron ó Thor no foguete Delta cara mediados da década de 1970. Centos de lanzamentos despois, a familia Delta é unha das máis exitosas e fiables no campo do acceso ó espazo para cargas medias.[1]

A configuración dos foguetes Delta codifícanse mediante catro díxitos:[1]

  • O primeiro indica a configuración básica do lanzador. Ata 2004 a definición do díxito era a seguinte:
    • 0: aceleradores Castor 2 e tanque principal Thor alongado co motor MB-3.
    • 1: aceleradores Castor 2 e tanque principal alongado extendido co motor MB-3.
    • 2: aceleradores Castor 2 e tanque principal alongado extendido co motor RS-27 (derivado dos excedentes de motores H-1 do Saturno IB).
    • 3: aceleradores Castor 4 e tanque principal alongado extendido co motor RS-27.
    • 4: aceleradores Castor 4A e tanque principal alongado extendido co motor MB-3.
    • 5: aceleradores Castor 4A e tanque principal alongado extendido co motor RS-27.
    • 6: aceleradores Castor 4A e tanque principal alongado extraextendido co motor RS-27.
    • 7: aceleradores GEM-40 e tanque principal alongado extraextendido co motor RS-27.
    • 8: aceleradores GEM-46 e tanque principal alongado extraextendido reforzado para o Delta III co motor RS-27A.
    • 9: aceleradores GEM-60 e tanque principal crioxénico para o Delta IV co motor RS-68.

Tras 2004 a definición do díxito revisouse do seguinte xeito:

Lanzamento dun Delta IV Heavy.
  • 2: primeira etapa do Delta I (correspondente ás anteriormente coñecidas como serie Delta 6000 e Delta 7000).
  • 3: primeira etapa do Delta III (anteriormente coñecida como serie Delta 8000).
  • 4: primeira etapa do Delta IV (anteriormente coñecida como serie Delta 9000).
  • O segundo díxito indica o número de foguetes aceleradores de propelente sólido: 0, 3 ou 9 para os foguetes anteriores ó Delta IV, e 0, 2 ou 4 para o Delta IV.
  • O terceiro díxito indica o tipo de segunda etapa:
  • 0: segunda etapa con propelentes almacenables co motor da serie AJ10-118.
  • 1: segunda etapa con propelentes almacenables co motor TR-201 (excedentes da etapa superior do módulo lunar do programa Apolo).
  • 2: segunda etapa do Delta K con propelentes almacenables e motor AJ10-118K.
  • 3: segunda etapa crioxénica do Delta III con motor RL10B-2.
  • 4: segunda etapa crioxénica do Delta IV de 4 metros de diámetro.
  • 5: segunda etapa crioxénica do Delta IV de 5 metros de diámetro.
  • O cuarto díxito indica o tipo de terceira etapa:
  • Opcionalmente úsase a letra H tra-lo cuarto díxito para indicar unha configuración pesada (H de heavy): para o Delta II indica o uso de aceleradores sólidos GEM de 118 cm de diámetro e para o Delta IV indica o uso de dous CBC (Common Booster Cores) como aceleradores.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 "Delta" (en inglés). 2011. http://astronautix.com/lvs/delta.htm. Consultado o 16 de xuño de 2012.
  2. "Delta" (en inglés). Gunter's Space Page. 2011. http://space.skyrocket.de/doc_lau/delta.htm. Consultado o 16 de xuño de 2012.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Delta

Outros artigos[editar | editar a fonte]