Delta III

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Delta III / Delta 8930
Esquema dun Delta III.
Esquema dun Delta III.
Función Lanzador espacial de capacidade media
Tamaño
Altura 35,0 m[1]
Diámetro 2,44 m[1]
Masa 301.450 kg[1]
Etapas 2[1]
Capacidade
Carga útil a LEO 8292 kg[1]
Carga a
GTO
3810 kg[1]
Foguetes asociados
Familia Delta[1]
Historia de lanzamentos
Estado Retirado en 2000[1]
Total de lanzamentos 3
Éxitos 1
Fallos 2
Voo inaugural 27 de agosto de 1998[1]
Último voo 23 de agosto de 2000[1]
Aceleradores (Etapa 0) - GEM 46[1]
No aceleradores 9[1]
Lonxitude 14,7 m[1]
Diámetro 1,17 m[1]
Masa baleiro 2282 kg[1]
Masa cheo 19.327 kg[1]
Motores 1[1]
Pulo 628,310 kN (no baleiro)[1]
Impulso específico 273 s (a nivel do mar), 278 s (no baleiro)[1]
Tempo de combustión 75 s[1]
Propelente Propelente sólido[1]
Primeira Etapa - RS27A[1]
Lonxitude 20,0 m[1]
Diámetro 2,44 m[1]
Masa baleiro 6822 kg[1]
Masa cheo 104.377 kg[1]
Motores 1 RS-27A[1]
Pulo 1085,790 kN (no baleiro)[1]
Impulso específico 254 s (a nivel do mar), 302 s (no baleiro)[1]
Tempo de combustión 223 s[1]
Propelente Oxíxeno líquido e queroseno[1]
Segunda Etapa - RL-10-B2[1]
Lonxitude 8,80 m[1]
Diámetro 2,44 m[1]
Masa baleiro 2476 kg[1]
Masa cheo 19.300 kg[1]
Motores 1 RL-10-B2[1]
Pulo 110,030 kN (no baleiro)[1]
Impulso específico 462 s (no baleiro)[1]
Tempo de combustión 700 s[1]
Propelente Hidróxeno líquido e oxíxeno líquido[1]


O Delta III (Delta 8930 segundo a numeración clásica dos foguetes Delta e Delta 3940 segundo a nova numeración) foi o nome dun foguete espacial dos estadounidense en servizo ao final da década de 1990 e principios dos 2000.[1][2]

Características[editar | editar a fonte]

O Delta III debía inaugurar a nova serie 8000 (3000 coa nova numeración) de foguetes Delta. Usaba os maiores aceleradores de propelente sólido usados pola familia Delta (que tamén acabaron usando os Delta II 7920H e Delta II 7925H), os GEM 46 e a etapa superior era crioxénica, alimentada por hidróxeno e oxíxeno líquidos, obtendo maior rendemento. Os dous primeiros intentos de lanzamento fracasaron, mentres que o terceiro foi un éxito. Os problemas de lanzamento, combinado cunha caída do mercado de satélites, deixou ó Delta III sen clientes: a NASA inclinouse por seguir os fiables Delta II, e a USAF decidiuse polo novo Delta IV para cubrir as súas necesidades. O Delta III foi finalmente cancelado.[1][2]

Historial de lanzamentos[editar | editar a fonte]

Voo[2][1] Data[2][1] Rampa de lanzamento[2][1] Carga[2][1] Resultado[2][1] Notas[2][1]
D-259 27 de agosto de 1998 Rampa LC-17B de Cabo Cañaveral Galaxy 10 Fallo Primeiro voo dun Delta III. Debido a un problema de guiado, os foguetes aceleradores de propelente sólido usaron todo o seu fluído hidráulico ós 71 segundos de voo en movementos oscilatorios innecesarios. O control de terra enviou o comando de autodestrucción ó foguete aos 75 segundos de voo, co foguete a 16 km de altura.
D-269 5 de maio de 1999 Rampa SLC-17B de Cabo Cañaveral Orion 3 Fallo Un problema coa segunda etapa impediu a inserción do satélite nunha órbita utilizable.
D-280 23 de agosto de 2000 Rampa SLC-17B de Cabo Cañaveral DM-F3 Éxito Último voo dun Delta III.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]