Dash Shaw

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dash Shaw en 2010.

Dash Shaw, nado en Hollywood (California) o 6 de abril de 1983, é un autor de cómic estadounidense. É autor das novelas gráficas Love Eats Brains (Odd God Press), GardenHead (Meathaus), The Mother's Mouth (Alternative Comics), Bottomless Belly Button (Fantagraphics) e BodyWorld (Pantheon Books).

Pequenas obras súas apareceron en diferentes escolmas, periódicos e revistas. No 2005 publicouse GoddessHead, unha recompilación de obras súas de banda deseñada, publicada por Hidden Agenda Press. Os seus cómics son coñecidos pola énfase no factor emocional, a lóxica lírica e o deseño innovador.. En 2002 foi un dos dez artistas seleccionados no Small Press Expo. Tamén escribe poesía e teatro con James Blanca no grupo weirdo pop Love Eats Brains!, e coescribiu e actuou en varias curtametraxes.

Traxectria[editar | editar a fonte]

En 1985 mudouse coa súa familia a Richmond (Virginia). Comezou a crear cómics aos catro anos, deseñando a partir de debuxos do seu pai, mantendo desde entón un mesmo enfoque sobre a forma. Comezou autopublicando no instituto, amais de facer ilustracións en "InSync", o desaparecido suplemento de Richmond Times-Dispatch. Pasou medio ano da súa etapa no instituto en Nagoya (Xapón), e en 2005 graduouse na School of Visual Arts en Manhattan na especialidade de cómics e ilustración.

Desde a súa etapa na Universidade publicou historias breves por capítulos en diversas publicacións. A novela gráfica Bottomless Belly Button foi publicada por Fantagraphics en xuño de 2008[1].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Bottomless Belly Button en Fantagraphics.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]