Das doce ás tres
Das doce ás tres | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | From Noon till Three |
Director | Frank D. Gilroy |
Produtor | M.J. Frankovich William Self |
Guión | Frank D. Gilroy |
Baseado en | novela de Frank D. Gilroy |
Intérpretes | Charles Bronson Jill Ireland |
Música | Elmer Bernstein |
Fotografía | Lucien Ballard |
Montaxe | Maury Winetrobe |
Distribuidora | United Artists |
Estrea | 1976 |
Duración | 99 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Wéstern |
Na rede | |
Das doce ás tres[1][2] (en inglés: From Noon till Three) é un filme estadounidense de 1976 escrito e dirixido por Frank D. Gilroy. Estreado por United Artists, está protagonizado por Charles Bronson e a súa muller, Jill Ireland.
Sinopse[editar | editar a fonte]
A noite anterior a un roubo, Graham Dorsey (Charles Bronson), un dos ladróns, soña que vai saír mal, polo que á mañá seguinte provoca un accidente co seu cabalo para evitar ir á cidade onde se atopa o banco. Os catro restantes da banda aceptan reunirse despois nunha casa solitaria onde vive unha viúva (Jill Ireland). Dorsey namórase inmediatamente da viúva e xorde entre eles un estraño romance que terá que rematar cando o resto da banda volva do roubo.
Personaxes[editar | editar a fonte]
- Charles Bronson como Graham Dorsey
- Jill Ireland como Amanda
- Douglas Fowley como Buck Bowers
- Stan Haze como Ape
- Damon Douglas como rapaz
- Anne Ramsey como muller
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ sincroguia-tv.expansion.com (ed.). "Das doce ás tres en galego na TVG". Consultado o 22 de setembro de 2023.
- ↑ Programación TVG2