Darktable

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


darktable
Pantalla darktable 1.6
Desenvolvedor(es)Johannes Hanika
Publicación inicial2009
Última versión3.2.1
(10 de agosto de 2020)
Repositoriogithub.com/darktable-org/darktable
Escrito enC e GTK+
Sistema operativoWindows, Mac, FreeBSD, Linux, Solaris
Lingua/sOK Galego
TipoEditor de imaxes
LicenzaGNU General Public License 3
Sitio webdarktable.org

Darktable é unha aplicación libre e de código aberto para a edición de imaxes en formato raw (negativo dixital, imaxe dixital sen pretratar polo software da cámara). É un programa de revelado dixital, que permite a edición non destrutiva e o retoque de imaxes. Unha mesa de luz e un cuarto escuro virtual para os fotógrafos, onde xestionar os negativos dixitais nunha base de datos.

É unha aplicación de software libre (dispoñible baixo a licenza GPL), multiplataforma (GNU/Linux, Windows, Mac OS) e que conta cunha comunidade de usuarios extensa. A interface de Darktable está dispoñible en 21 idiomas.[1]

Características[2][editar | editar a fonte]

  • Posúe edición non destrutiva ao longo de todo o fluxo de traballo, as imaxes orixinais nunca se modifican.
  • Procesamento de imaxes acelerado na GPU grazas á compatibilidade con OpenCL.
  • Xestión profesional da cor: compatibilidade con perfís ICC incorporados para espazos de cor sRGB, Adobe RGB, XYZ e RGB lineais.
  • Filtrado e clasificación avanzado: permite a procura por etiquetas, clasificación de imaxes, etiquetas de cor e moito máis.
  • Formatos de imaxe soportados: importa formatos crus, de alto rango dinámico (JPEG, CR2, NEF, HDR, PFM, RAF…) e de baixo rango dinámico como (JPEG, PNG, TIFF, PPM)
  • Permite o Tethered shooting (disparo e control remoto da cámara a través da interface de Darktable) con algúns modelos concretos de cámaras.
  • Automatización de tarefas repetitivas: pode usarse a linguaxe Lua.

Novas características da versión 3.2.1[editar | editar a fonte]

  • Revisión completa do código CSS para obter un aspecto profesional
  • Módulos de localización e selector de cor actualizados
  • É posible agregar regras CSS nas preferencias para modificar o aspecto de darktable, así como para controlar o tamaño de fonte e os valores de DPI
  • Nova pantalla de histograma chamada RGB Parade
  • Agregado soporte para gradientes curvos
  • Agregado soporte para formato de arquivo AVIF
  • Soporte para novas cámaras

Notas[editar | editar a fonte]

  1. https://www.mancomun.gal/artigo-tic/darktable-revelado-dixital-de-imaxes/
  2. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 16 de setembro de 2020. Consultado o 16 de setembro de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]