DS-P1

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

DS-P1 foi o nome dun modelo de satélites artificiais soviético que serviron como obxectivos para os radares militares terrestres da Forza Aérea da Unión Soviética e o desenvolvemento dunha metodoloxía de detección de obxectos no espazo próximos á Terra.[1][2]

Os satélites DS-P1 foron os primeiros satélites deseñados pola oficina de deseño Yuzhnoye en usar células solares, colocadas en forma de dodecaedro arredor do contedor principal que formaba o corpo do satélite. En total lanzáronse catro satélites da serie DS-P1, todos exitosos menos o segundo[1][2]

Historial de lanzamentos[editar | editar a fonte]

Data[1][2] Rampla de lanzamento[1][2] Carga[1][2] Resultado[1][2] Notas[1][2]
30 de xuño de 1962 Kapustin Yar Kosmos 6 Éxito Primeiro voo dun DS-P1.
6 de abril de 1963 Kapustin Yar DS-P1 Nº2 Fallo Fallo da primeira etapa.
6 de agosto de 1963 Kapustin Yar Kosmos 19 Éxito
27 de febreiro de 1964 Kapustin Yar Kosmos 25 Éxito Último voo dun DS-P1.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 Mark Wade (2011). "DS-P1" (en inglés). Consultado o 23 de xullo de 2012. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "DS-P1" (en inglés). Consultado o 23 de xullo de 2012.