Kosmos 6

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Kosmos 6 / Sputnik 16
TipoMilitar
Destino actualReentrado na atmosfera.
Data de lanzamento30 de xuño de 1962, 16:00 GMT[1][2][3]
Foguete portadorKosmos[2][4]
Sitio de lanzamentoKapustin Yar[2]
Obxectivo da misiónServir de obxectivo para os radares militares terrestres.[2]
Decaemento8 de setembro de 1962[1]
NSSDC ID1962-028A
Masa355 kg[5]

Kosmos 6 (Космос 6 en ruso), tamén denominado DS-P1 Nº1 e mencionado ocasionalmente como Sputnik 16 en occidente, foi un satélite artificial soviético lanzado o 30 de xuño de 1962 mediante un foguete Kosmos desde Kapustin Yar.[2][4][6]

Características[editar | editar a fonte]

Kosmos 6 foi o primeiro membro da serie de satélites DS-P1, adicados a servir como obxectivos dos radares militares terrestres para a súa calibración e para a elaboración dunha metodoloxía de detección de obxectos no espazo próximos á Terra. Foi o primeiro satélite deseñados pola oficina de deseño Yuzhnoye en usar células solares, colocadas en forma de dodecaedro arredor do contedor principal que formaba o corpo do satélite.[5]

Foi inxectado nunha órbita inicial de 360 km de apoxeo e 274 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 49 graos e un período de 90,6 minutos.[3][5]

Kosmos 6 reentrou na atmosfera o 8 de setembro de 1962.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "COSMOS 6 (SPUTNIK 16)" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 06 de xaneiro de 2011. Consultado o 23 de xullo de 2012. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 NASA (14 de maio de 2012). "Cosmos 6" (en inglés). Consultado o 23 de xullo de 2012. 
  3. 3,0 3,1 "Letter dated 30 July 1962 from the Acting Permanent Representative of the Union of Soviet Socialist Republics addressed to the Chairman of the Committee on the Peaceful Uses of Outer Space". COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE (62-16858): 2. 1 de agosto de 1962. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de agosto de 2005. Consultado o 23 de xullo de 2012. 
  4. 4,0 4,1 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "DS-P1" (en inglés). Consultado o 23 de xullo de 2012. 
  5. 5,0 5,1 5,2 Mark Wade (2011). "DS-P1" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 05 de xaneiro de 2009. Consultado o 23 de xullo de 2012. 
  6. "ASTRONAUTICAL AND AERONAUTICAL EVENTS OF 1962" (PDF). REPORT OF THE NATIONAL AERONAUTICS AND SPACE ADMINISTRATION TO THE COMMITTEE ON SCIENCE AND ASTRONAUTICS U.S. HOUSE OF REPRESENTATIVES EIGHTY-EIGHTH - CONGRESS FIRST - SESSION: 111. 12 de xuño de 1963. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 19 de xaneiro de 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]