Cuncha (arquitectura)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Cuncha.
Cúpula con cunchas

Cuncha, en arquitectura, é cada un dos elementos construtivos triangulares que resolve o encontro entre a base circular dunha cúpula e un espazo inferior cadrado. Ten unha superficie esférica triangular limitada por tres arcos de circunferencia.

Este recurso arquitectónico comezou a utilizarse en Bizancio no século VII. Un dos edificios máis destacados que utiliza este tipo de soporte para a súa cúpula é a igrexa de Santa Sofía en Constantinopla.

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas