Ctenolio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O ctenolio ou ctenolium é unha estrutura en forma dunha fileira de pequenos dentes en forma de peite,[1][2] situada no bordo anterior da valva dereita da cuncha, ao lado da marca que queda da xuvenil glándula do biso dos bivalvos da familia dos pectínidos,[3][4] característica única destes moluscos, e que se presenta nalgún momento durante o ciclo de vida do animal. Aínda que moitas vieiras perden esta característica a medida que se converten en adultos que se desprazan libremente, todas teñen un ctenolio nalgún momento da súa vida, e ningún outro bivalvo ten unha característica análoga. O ctenolio encóntrase só nas vieiras modernas; os seus antepasados, os entolíidos, non o posuían.[3][4]

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O termo do latín científico ctenolium deriva do diminutivo do grego antigo κτείς kteís, "peite".[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. ctenolium en wordnik.com (en inglés).
  2. 2,0 2,1 ctenolium Arquivado 02 de febreiro de 2020 en Wayback Machine. en zooterms (en inglés).
  3. 3,0 3,1 Hautmann, Michael (2010): "The first scallop". Paläontologische Zeitschrift 84 (2): 317–322.
  4. 4,0 4,1 Shumway, Sandra E. & Parsons, G. Jay, eds. (2011): Scallops: Biology, Ecology and Aquaculture. 2ª ed. Amsterdam e Boston: Elsevier. ISBN 978-0-0804-8077-0.