Cruceiro do Adro de Taragoña
Coordenadas: 42°40′25″N 8°49′42″O / 42.673611111111, -8.8283333333333
Cruceiro do Adro de Taragoña | |
---|---|
Presentación | |
Localización | Rianxo |
Dirección | Adro da igrexa de San Salvador de Taragoña |
Tipo | Cruceiro |
O cruceiro do Adro de Taragoña é un monumento relixioso situado a carón da igrexa de San Salvador de Taragoña (Rianxo).[1]
Descrición[editar | editar a fonte]
O cruceiro, situado no adro, posúe un altar. Ten plataforma dun grao e pedestal moi moldurado e con grande escocia. O fuste é de sección octogonal, cadrada nos extremos. O capitel, de formigón moi decorado, ten volutas, follas de acanto, querubíns e orlas vexetais. A cruz, tamén de formigón, ó igual cás imaxes, de sección cuadrangular ruda. O Cristo ten as mans abertas e coroa de espiños. A Virxe María está orando cos dedos entrelazados sobre nubes.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Cruceiro no adro da igrexa parroquial de San Salvador de Taragoña na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- PXOM de Rianxo 2014.