Cabalo de Troia (informática)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Troiano»)

Un cabalo de troia é un programa informático considerado malicioso, xa que permite controlar unha máquina remotamente sen consentimento do usuario. Funciona cunha estrutura cliente-servidor; os troianos veñen como mínimo con dúas partes, unha a parte servidor e outra a parte cliente, tamén poden traer outros programas para configurar estes dous. A parte servidor colócase no ordenador que se quere controlar, é desde a parte cliente controlamos ao servidor.

O nome deriva do episodio da Guerra de Troia narrado na Odisea en que Ulises logra introducirse cos seus guerreiros na cidade Troia no interior dun cabalo de madeira aparentemente abandonado por eles mesmos nunha falsa fuxida.[1]

Algúns dos troianos máis coñecidos[editar | editar a fonte]

Estes troianos son tan coñecidos que ningún antivirus debería ter problemas para identificalos.

Defenderse dos troianos[editar | editar a fonte]

Os troianos non teñen métodos de progación propios, polo que necesitan que os propagen terceiras persoas, xa sexa por spam, redes P2P ou que veñan adxuntos con outro programa. Aínda así necesitase que o usuario execute o ficheiro para "infectarse".

Se temos un bo antivirus actualizado debería recoñecer calquera troiano. Algúns anti-spyware poderían tamén dar con eles.

Outra forma sería tendo un firewall, cun firewall non o eliminaremos, pero podemos cerrarlle a saída a rede, así será imposible que a versión cliente contacte coa servidor, polo que será inofensivo. Tamén poderíamos desabilita-lo seu inicio; o arrancar o sistema operativo póñense en marcha unha serie de programas, se temos un troiano (parte servidor) tamén se poñerá el para arrincar ao comezar o sistema operativo. Desde Windows para desabilita-lo seu arrinque imos ó Menú de Inicio, Executar e escribimos msconfig, aceptamos e amosarase unha xanela, imos a pestana Inicio e desabilitamo-lo troiano. Unha vez desabilitado deberemos reiniciar para que se garden os cambios.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Trojan Horse Definition". Consultado o 2012-04-05. Greek soldiers, unable to penetrate the defenses of the city of Troy during a years-long war, presented the city with a peace offering of a large wooden horse. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]