Cota, Cundinamarca
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Colombia | |||
Departamentos | Cundinamarca | |||
Poboación | ||||
Poboación | 32.691 (2018) (594,38 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 55 km² | |||
Bañado por | Río Bogotá | |||
Altitude | 2.566 m | |||
Comparte fronteira con | ||||
Creación | 29 de novembro de 1604 | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 250010 (urbano) 250017 (rural) | |||
Prefixo telefónico | 1 | |||
Páxina web | cota-cundinamarca.gov.co |
Cota é un dos 116 concellos do departamento de Cundinamarca (Colombia). Atópase na Sabana Centro, a 26 km de Bogotá (6 km pola Avenida La Conejera que une este concello coa localidade bogotana de Suba e a unha distancia de 16 km ó sueste pola Rúa 80 que une este concello coa localidade de Engativá). Forma parte da área Metropolitana de Bogotá, segundo o censo DANE 2005. A súa cabeceira municipal atópase a 2.566 m s. n. m..[1][1][1]
Ocupa a parte próxima á costa dun antigo lago. A súa vocación económica é agroindustrial, caracterizándose así mesmo por prestar servizos de turismo e albergar varios colexios privados.[1]
Toponimia[editar | editar a fonte]
O topónimo «Cota», en muysc cubun (lingua muisca), significa «crespo» ou «encrespado».[2]
Historia[editar | editar a fonte]
De acordo á mitoloxía muisca, Cota figura no itinerario de Bochica, quen dende a cova do mohán, no outeiro de Cetime en Chía. predicou o culto ó sol e ensino a cultivar a terra e a tecer algodón.
Cota foi fundada como concello por orde do oidor Diego Gómez de Mena, o 29 de novembro de 1604, sendo a encomendeira María de Santiago. Despois desta fundación fíxose a repoboación en 1638 por Gabriel Carvajal, e outra novamente en 1670.
O 17 de marzo de 1873, por acordo do honorable Concello Municipal, ordénase o traslado da cabeceira municipal do sitio inicial, na "Facenda Santa Cruz", hoxe verea de Pueblo Viejo, ó sitio actual, chamado nese entón "Tres Esquinas", para que a vila estivese no Camiño Nacional que conectaba a Zipaquirá con Girardot e que era denominado "Camiño do Sal". A forma octogonal do parque está inspirada na Praza da Estrela de París, e o seu deseño, así como o da igrexa, foron elaborados por Alberto Urdaneta.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 "Sitio web del municipio de Cota". Arquivado dende o orixinal o 19 de agosto de 2013. Consultado o 21 de setembro de 2013.
- ↑ muysca.cubun.org / cota
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cota, Cundinamarca |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Páxina oficial (en castelán)