Corrente de resaca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Unha corrente de resaca é unha forte corrente superficial (ou case superficial) de auga, que retrocede desde a costa cara o mar. Xérase fundamentalmente no rompemento irregular das ondas ao longo da crista, chegando bruscamente á praia cun índice elevado de enerxía, desvanecendo logo sobre o fondo para, posteriormente, regresar cara ao mar por un carreiro a través das ondas.

A súa intensidade depende da altura das ondas de das características topográficas da beira, sendo ademais son reforzadas polas correntes de marea, polo que se fan máis perigosas en baixamar. Estas correntes poden ser visibles ou non dependendo da intensidade da corrente e do tipo de sedimento que se atopa na praia.

Perigosidade[editar | editar a fonte]

O perigo real coas correntes de resaca non é o ser arrastrado por elas mar adentro, senón a forma en que a persoa reacciona: moitos bañistas éntralles o pánico e tratan de nadar contra da corrente, cansándose axiña e afundíndose. A chave para escapar non é nadar en contra senón nadar en paralelo á costa, escapando desta forma, xa que a anchura da zona de resaca non acostuma a ser de moito máis duns 10 metros.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

En inglés: