Corín Tellado
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
María del Socorro Tellado López, coñecida como Corín Tellado, nada en El Franco (Asturias) o 25 de abril de 1927 e finada en Xixón o 11 de abril de 2009, foi unha escritora española de novelas románticas. É a escritora española máis lida despois de Miguel de Cervantes e figura no Libro Guinness dos Records de 1994 como a autora máis vendida en idioma español.
