Conxo, Santiago de Compostela
| Conxo | |
|---|---|
| Hospital provincial. | |
| Concello: | Santiago de Compostela |
| Área: | - km² |
| Poboación: | (Ano 2004) 580 hab. |
| Densidade: | - hab./km² |
| Entidades de poboación: | 16 |
Santa María de Conxo é unha parroquia que se localiza no concello de Santiago de Compostela na comarca de Santiago. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 580 habitantes (296 mulleres e 284 homes) distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando contaba con 576 habitantes.
Índice |
[editar] Xeografía
Percorre parte da parroquia o río Sar.
[editar] Historia
Xa na prehistoria móstranse indicios existencia de poboación en Conxo, como o castriño de Conxo. Aséntase como nucleo poboacional sobre o século X, ó redor do Mosteiro no que actualmente está situado o Hospital psiquiátrico.
En 1835 constitúese como concello independente -comprendendo as parroquias de Conxo, Laraño, Villestro, Figueiras, O Eixo, Aríns, Bando, Marrozos- ata 1925, momento no que se anexiona ó concello de Santiago de Compostela.
En 1837 nace en Cornes a escritora Rosalía de Castro.
Un acto importante na historia de Conxo é o chamado Banquete de Conxo, que tivo lugar en 1856 con Eduardo Pondal e Aurelio Aguirre á cabeza.
En 1873 sae da estación de Cornes o primeiro ferrocarril de Galicia, con destino Carril. Isto supuxo un paso importante para o concello de Conxo. Foi nesta época tamén cando se crea o primeiro sanatorio psiquiátrico de Galicia nas instalacións do antigo mosteiro.
[editar] Patrimonio
Da época castrexa atopamos en Conxo o xacemento arqueolóxico do castriño de Conxo composto por un castro no que se atopa unha rocha con diferentes petróglifos.
Tamén se sitúa nesta parroquia o denominado castelo da Rocha Forte, cunhas datas de ocupación entre 1240 e 1467, e que formaba parte do complexo defensivo de Santiago, ata que foi destruído pola revolta Irmandiña.
Outros elementos do patrimonio desta parroquia son a Igrexa da Nosa Señora da Mercede de Conxo e o Hospital Psiquiátrico de Santiago de Compostela.
[editar] Galería de imaxes
- Artigo principal: Galería de imaxes de Conxo, Santiago de Compostela.
[editar] Lugares e parroquias
[editar] Lugares de Conxo
| Lugares da parroquia de Conxo no concello de Santiago de Compostela | |
|---|---|
|
Conxo de Abaixo | Conxo de Arriba | Cornes | A Curuxeira | A Fervenza | O Monte do Seixo | A Nogueira | Pai da Cana | A Ponte da Rocha | A Ponte Pereda | O Porto | A Poza Real | O Rial | A Rocha Vella | Torrente | A Volta do Castro |