Banquete de Conxo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O banquete de Conxo tivo lugar o 2 de marzo de 1856 no concello de Conxo, actualmente parroquia de Santiago de Compostela. O banquete foi organizado polos estudantes liberais en homenaxe ao "terceiro estado", e constituíu un xesto de irmandade entre a clase traballadora e o estudantado.

Índice

[editar] Características

Suscitou o enfado dos sectores máis poderosos da Compostela da época.[1] Funcionou como un atentado contra o esquema social tradicional preconcibido, de modo que estudantes (de clases podentes, a maioría) e artesáns compartiron pan e mesa.

Sábese que ao banquete asistiron personalidades da talla de Aurelio Aguirre (quen pronunciou un discurso) e de Eduardo Pondal (quen recitou uns versos en español da súa autoría). E aínda se especula se a poeta galega máis recoñecida, Rosalía de Castro, estivo presente ou non[Cómpre referencia].

O que si sabe é que o Banquete de Conxo se converteu nun acontecemento de grande importancia simbólica e real dentro da historia de Galiza, transformándose nunha parte significativa da memoria colectiva.

[editar] Notas

  1. Raquel Rei (30/03/2009) Revivimos o Banquete de Conxo (Galego). A Nosa Terra. Consultado o 12/04/10.

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas