Conversa usuario:Xaguar

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Sei que teño visto o teu nome nalgures...pero non sei onde. agremon


Estou pensando en facer unha xornada sobre a galipedia en Ribadeo para o verán ou o outono, invitando tamén a xente da es:wiki. Que opinas? Onde vives? agremon


Se a opción mías probable é Alemaña, entón paro as 'correccións'. Mellor, déixa os comentarios no meu 'talk'.agremon


Ola, agremon. Gracias polas correccións de algún que outro despiste meu. No referente a Alemaña / Alemania, estiven revisando e penso que a opción actual é Alemaña, pero non me atrevo a aseguralo ó cen por cen, e menos cando estamos en pleno cambio de normativa. Así que deixareino estar e en caso de estar seguro procederei a cambiar outra vez os "Alemania". Se alguén ten máis información agradecerase a contribución, coma sempre. Graciñas.


Ola, Xaguar. Benvido á galipedia. Estiven mirando, e ti usas Alemaña. Como polo momento estase a usar Alemania, varie xa algunha cousa que fixeches ti nese sentido. Pero non estou seguro de cal é a opción que se entende como correta, polo que se queres mirar a cuestión, ten conta de ver os sitios onde hai que cambiar e tamén, no seu caso, a entrada Alemania.agremon

  • As boas nos dé Deus, coido que o mellor chego algo tarde a darche a benvida; pero nunca é tarde se o dito e boo (iste unha variante da dita de sempre). De entrada comentarche que non deixes posto o teu correo na postada de usuario (polo poñer nas preferencias -nunha das pestañas que te ha de proporciona-lo navegador dentro destas páxinas). O que queira poñerse en contacto contigo xa o fara por meios alternativos dos que dispon esta páxina. Asimesmo tes a seccións na taberna (xeral, propostas, etc...) para o que necesites ou queiras expresar. E coma remate, pásame o mesmo que Agremon; o teu apodo sóame pero non estou seguro a qué (quizais o relaciono cun animal ou a discoteca Xaguar -Jaguar- de Becerreá. Un saudo--Xelo2004 23:40, 7 Mar 2005 (UTC)
  • Xa está corrixido o de Liechtenstein. Esa caixa de información de países da UE é un modelo, son páxinas nas que aprece Template: diante do nome neste caso UE, entrado en Template:UE edítase. Por outra parte, únome á re-benvida, como podes comprobar a maioría dos usuarios da Galipedia que estamos agora non estabamos na época en que te rexístraches. Saúdos. --Prevert(talk) 12:04, 9 Mar 2005 (UTC)

Antuerpen, Anveres, Antuerpe[editar a fonte]

Ola Xaguar, ben, hai que recoñecer que os topónimos estranxeiros en galego non sempre se saben cales son os correctos, por descoñecento, nos colexios apréndenos as partes do carro, pero non nos ensinan como se din as principais cidades do mundo en galego. (ou cando menos esa foi a miña experiencia no colexio, afortunadamente no instituto melloraron as cousas).
Antuerpen é unha forma galega correcta, polo que eu sei é a forma emprada polos mariñeiros galegos tradicionalmente, derivando da forma holandesa. Anveres derivaría da forma francesa (lingua que non se fala na cidade). Non sei se Anveres está aceptada academicamente, é algo que descoñezo, o que si sei é que a forma á que se lle dá prioridade é Antuerpen, como podes ver na páxina do servizo de normalización lingüística da Universidade de Vigo[1], ás veces escrito Antuerpe (como fan Os diplomáticos do Monte Alto). Sobreira podería ter máis información sobre o estado da cuestión do topónimo. En todo caso dende A Taberna podes propoñer a votación da forma do topónimo, se estás certo que Anveres é unha forma recoñecida polas autoridades académicas da lingua.--Rocastelo 17:37, 9 Mar 2005 (UTC)

  • Pensaba que Sahara significaba feitizo... pero agora xa non estou seguro.

--Sobreira 00:38, 12 Mar 2005 (UTC)

  • Saber de lingua ou de lingüística non indica sabela toda :( O certo é que estudei árabe, pero non sei se é Sáhara ou Sahara. Nunca tiven o dilema, sempre supuxen que Sáhara: se o de Sahara ven por influencia do inglés ou francés, hai que ter en conta que teñen tendencia a modificar a acentuación. Sobre este tema estou preparando un artigo con ideas persoais en transliteración.

--Sobreira 14:14, 14 Mar 2005 (UTC)

Template[editar a fonte]

Saudos, estiven vendo un pouco os traballos que estas aportanto, e noto que se lle podes engadir mais información, polo que é mellor que lles engadas a palabra en prgreso o fondo do artigo, de ese xeito queda engadico una template para que outra persoa poida continuar con el (engadindo mais datos); tamen comentarche que me parece que tes unpequeno erro neste artigo xa que é sumamente raro que unha persoa empece a reinar no 1989 e remate no 1922. un saudo --Xelo2004(Se non estás dacordo dimo) 22:26, 6 Abr 2005 (UTC)

  • A template de progreso consiste en que lle engadas os artigos que vaias facendo, no fondo deles a seguinte palabra {{en progreso}}, o resuntado da mesma vas a velo no artigo que xa fixeches a correción das datas. un saudo. --Xelo2004(Se non estás dacordo dimo) 22:58, 6 Abr 2005 (UTC)
  • Nada, nada, a mandar, tan só o proximo que lle entre a ese ou a outro artigo teralle que sustitui-la template por la de {{en obras}} se pensa darlle unha voa rematada o artigo. saudos --Xelo2004(Se non estás dacordo dimo) 23:18, 6 Abr 2005 (UTC)

Ola Xaguar, en primeiro lugar queremos agradecerche as túas colaboracións na Galipedia, son moi importantes para o bo funcionamento do proxecto galego. Esta mensaxe é para dar conta de certas novidades no wiki. Co constante crecemento da Galipedia fíxose necesario crear un sistema para difundir o que sucede no wiki, de centralizar os debates, unificar criterios e manter un seguimento da actualidade do proxecto. Por todo iso nace o Xornal da Galipedia. Co Xornal pretendense mellorar a coordinación entre todos os colaboradores e a calidade deste wiki. Esta é a primeira edición do xornal e do modelo de suscripción {{Xornal}}. Incluíndo o modelo na páxina de usuario actualízase automaticamente con cada nova edición do Xornal. Calquera colaboración ou suxerencia que queira aportar pode incluíla na páxina de discusión. Confiamos en que este novo instrumento sexa útil para os colaboradores da Galipedia, por iso as opinións dos usuarios son moi váliosas para conseguilo. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 23:22, 15 setembro 2006 (UTC)

20.000 artigos[editar a fonte]

Ola Xaguar. A Galipedia acadou a cifra de 20.000 artigos.

Por mor de teres colaborado connosco, e porque calquera contribución é importante e insubstituíble inda que sexa un feito puntual, ademais de agradecerche o teu labor, invitámoste aos diferentes espazos que na Galipedia celebran a consecución dos 20.000 artigos:

Agradeceriamos que te unises a esta celebración expresando a túa opinión en Wikipedia talk:20.000 artigos. Sabemos que isto non sempre será posible, pois algúns dos usuarios editores da Galipedia non han conectar estes días.

Grazas de novo por ser un máis entre nós.--Prevert(talk) --Lmbuga Commons - Galipedia 00:52, 6 decembro 2006 (UTC)

Vindobona[editar a fonte]

Boas, o artigo Vindobona, que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes amplialo un pouco máis. Saúdos, MAGHOI (conversa) 27 de novembro de 2023 ás 21:00 (UTC)[responder]