Conversa usuario:Jose Manuel Baltar

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ola, José Manuel Baltar. Benvido á Galipedia. Unha cousiña: tes algún problema coa palabra galeguista? Vin que a borraches de ambas as dúas páxinas que editaches sen razón aparente. Se o das referenciado, daquela ningún problema, pero coido que esa non é a maneira. En calquera caso, graciñas por colaborares, bo traballo e boa estadía por aquí. Saúdo e aquí me tes para o que necesites.--Atobar (conversa comigo) 13:01, 6 abril 2009 (UTC)

no tengo ningún problema, simplemente no es la verdad y así debe constar. Si lo modificas de nuevo estarás tergiversando la realidad.


Ola, José Manuel, benvido á Galipedia.

Descoñezo se hai algunha relación real entre o teu nome de usuario e a persoa que é deputada pola miña circunscrición, ;), pero quero explicarche un par de cousiñas sobre o funcionamento da wikipedia:

  • A wikipedia ten que ser neutral. Iso é unha tarefa difícil, e esixe continuas e continuas edicións e correccións. Dende ese punto de vista, as correccións que fixeches nos artigos sobre o PSdeG e o PPdeG, poden ser máis ou menos acertadas, sempre que se acheguen a ese espírito de neutralidade.
  • O ideal é que todas as afirmacións que se vertan na wikipedia estean referenciadas. A Galipedia é unha wikipedia de tamaño medio, e iso non sempre é posible polos límites humanos; en todo caso, é necesario que se xustifiquen os cambios que poden ser polémicos apoiándose en citas de libros, webs de referencia, documentos dos partidos (neste caso), etc.
  • Ademais, e por iso de que a muller do César etc., existe unha especial prevención na wikipedia ao autobombo e á promoción persoal, dado que é daniña para a neutralidade. Así, non debe un participar na creación dun artigo sobre si mesmo, nin sobre a súa empresa, nin sobre a súa asociación, nin sobre a súa familia, etc. Iso non quita que non poidamos facer correccións, ou chamar a atención da comunidade sobre erros, sempre que nos apoiemos en referencias externas. Pero sempre é mellor que os cambios os fagan outros/as.

Resumindo: non vai demasiado co espírito da wikipedia que edites os artigos PPdeG ou PSdeG (sempre asumindo, como semella, que es o José Manuel deputado). A sensación que dá é que o que dis aí é parcial, que te moves por interese de promocionar a túa forza política en detrimento doutras, independentemente de que sexa certo o que dis. Supoño que me entendes. Para calquera dúbida, non teñas medo en preguntar, que eu e todos os demais administradores e usuarios estamos aquí pra axudar. Un saudiño. --Xabier Cid Conversa 13:12, 6 abril 2009 (UTC)

Vaia, mentres estaba escribindo a mensaxe alguén fixo unha edición anterior. Pídovos un pouco de calma, :) Ademais, unha cousiña máis, José Manuel.

  • Se queres que o outro usuario se decate de que lle deixaches unha mensaxe, debes escribir na súa páxina de conversa.
  • Non esquezas asinar as mensaxes nas páxinas de conversa. Para facelo, tes que premer o cuarto botón empezando pola dereita, un que ten un garabato pintado.

Un saúdo--Xabier Cid Conversa 13:15, 6 abril 2009 (UTC)

  • Boas, de novo, Jose Manuel. Acabo de o referenciar para que non queden dúbidas. Outra cousiña, como che di Xabier Cid, para falar comigo telo que facer na miña páxina de conversa. Do contrario, se o escribes na túa, non me vou decatar porque non me chega ningún aviso. Veña, un saudiño.--Atobar (conversa comigo) 13:17, 6 abril 2009 (UTC)

Imos ver, José Manuel. Creo que non leches atentamente o que che escribín aí arriba. Pregaríache que deixases de facer edicións no artigo titulado PPdeG por razóns de neutralidade. Se cres, como usuario, que o artigo ten algún erro, avisa, pero non fagas ti mesmo a edición nese artigo en particular.

Ademais, é inexacta, tanto a redacción (o PP non lle gañou as eleccións a outros partidos), senón tamén os feitos: foi o PP o partido que obtivo a maioría absoluta, non Núñez Feijoo. Por iso esa edición non se pode manter.

Advírtoche tamén que, entre as regras da wikipedia está a da tres reversións: se unha mesma persoa fai tres veces o mesmo cambio en menos de 24 horas é automaticamente bloqueada. Un saúdo. --Xabier Cid Conversa 14:12, 6 abril 2009 (UTC)

  • Pero José Manuel, non te das de conta que non ten sentido que cambies os nomes? Non é unha decisión ao chou, é a política que se segue na Galipedia. Neste caso de Feijóo, acordouse darlle prioridade á forma galega fronte á castelá. Non o cambies, fai o favor. Xa vai unha boa chea de veces que o fas. Se segues así, vancha pór un bloqueo, meu. Déixao estar e colabora noutros artigos. Un saúdo, home, e ponlle termo á teima que tes, que non é boa.--Atobar (conversa comigo) 14:42, 6 abril 2009 (UTC)

Último aviso[editar a fonte]

Este é o último aviso que che damos. Se segues a facer ese tipo de edicións caerache un bloqueo e non poderás seguir editando. Moito ollo porque xa remataron as boas formas e isto vai en serio. Podes contribuír de moitas maneiras para axudar a mellorar a Galipedia, e co que fas non obtemos nada. Por favor, detente. Estamos aquí para axudar no que se poida, pero non podemos se ti non nos dás pé a iso. Agardo que o comprendas. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 14:50, 6 abril 2009 (UTC)

  • Sentíndoo moito procedo a bloquear a conta por un mes por non facer caso das advertencias e non dialogar antes de facer reiterados cambios similares, máis aínda sendo novo. Se nun mes (cando poidas editar outra vez) volves repetir este comportamento, a conta será bloqueada de por vida. Saúdos e bos días. --Toliño Fala aquí comigo 15:03, 6 abril 2009 (UTC)

Actuación incorrecta[editar a fonte]

Se es un dirixente do PP non podes editar artigos referentes a ese partido e se non o es están suplantando a identidade doutra persoa polo que de calquera forma a túa actuación é totalmente incorrecta.--RNC 14:58, 6 abril 2009 (UTC)