Conversa ficheiro:Ponteledesma GDFL5.JPG

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

(en galego)Hai un problema con esta imaxe, está nomeada como San Salvador de Ledesma (unha parroquia do municipio de Boqueixón, A Coruña) e é a mesma igrexa que aparece no artigo w:gl:Ledesma, Boqueixón.

Mais empregouse en cinco páxinas, dúas de Commons e tres da gl:wikipedia, como se a igrexa estivera en w:gl:Gres, Vila de Cruces, Provincia de Pontevedra !

Alguén pode aclaralo?--HombreDHojalata (talk) 10:02, 4 July 2010 (UTC)

A foto está equivocada -como igrexa de Santiago de Gres- no artigo desta parroquia (Gres, Vila de Cruces), na galería de imaxes de Vila de Cruces) ou na de Gres, Vila de Cruces.

Non vexo foto de ningunha igrexa en w:gl:Provincia de Pontevedra.

As parroquias de Ledesma (Boqueixón) e Gres (Vila de Cruces), son estremeiras, o que pode explica-la confusión. Pedro --Lameiro (conversa) 14:04, 4 de xullo de 2010 (UTC)


Que non apareza na web do concello de Boqueixón como igrexa parroquial non é contraditorio coa Galipedia, que di que é unha capela de San Ramón.

Segundo Google Earth o "centro" de Gres e o de Ledesma so distan 720 metros.

Eu non acabo de telo claro. O edificio das fotos [2] e [3] está en Boqueixón ou está en Vila de Cruces???!--. HombreDHojalata.conversa 15:04, 4 de xullo de 2010 (UTC)

  • Segundo Turgalicia [4], a capela de San Ramón de Ledesma está na parroquia de Ledesma, Boqueixón. E a foto de Turgalicia corresponde coa que nos ocupa. Outra cousa é que a forma de chegar á capela que describe esta web lévanos a cruza-lo Ulla, que limita Boqueixón con Vila de Cruces. Ó mellor a capela está en territorio deste último concello pero pertencendo a aquel. Pedro --Lameiro (conversa) 18:08, 4 de xullo de 2010 (UTC)
    • Parece ser que onda a ponte medieval que separa os dous concellos, cruzando o Ulla, o río forma as chamadas Ínsuas de Gres, 6 illas "creadas por el embalse de Portodemouros, en el río Ulla, entre la parroquia de Gres (Vila de Cruces) y Ponte Ledesma (Boqueixón)". Unha dellas é a de San Ramón. Non di que teña capela pero si que en agosto se celebra a festa e a romería de San Ramón. A referencia de onde saco todo isto segue localizando tales ínsuas e tal festa en Boqueixón. Pedro --Lameiro (conversa) 18:15, 4 de xullo de 2010 (UTC)

Eu emprego moito Google Earth para estas cousas. A igrexa das imaxes está entre dous edificios máis. Iso suma un mínimo de tres edificacións xuntas, e nas illas [5] non as vexo. Por outra banda, como dis, a descrición de Turgalicia lévanos de Boqueixón a ... Vila de Cruces.

En fin, que sigo sen telo claro, Pedro--. HombreDHojalata.conversa 20:49, 4 de xullo de 2010 (UTC)