Conversa Wikipedia:Votacións á administración

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Votacións repetidas[editar a fonte]

Menudo lio! Acabo de pinchar aquí dende a páxina da Taberna, e vexo que se está votando o mesmo tres veces (unha na taberna, outra o comezo desta páxina para a revogación en conxunto, e outra para cada un dos administradores en particular). ¿Non será mellor poñer na Taberna unha ligazón a esta páxina, e ademáis borrar a votación xenérica, e votar cada revogación en particular? Miguel.lima 22:10, 7 novembro 2007 (UTC)

  • Na taberna debería avisarse sen máis, dicindo que se pediu tal ou cual, neso tes razón. O que pasa que neste caso ao copiar dende aquí tamén se levaron os primeiros "concordos", dando lugar á confusión :). Logo aquí na elección é só propoñer e votar, sen máis. No caso da revogación é: Primerio unha "votación", na que si tres usuarios concordan en pedir a revogación dos permisos dun administrador pasase á votación en sí, que sería a que conta. Na primeira con que haxa tres positivos xa chega, non fai falla que o resto tamén concorde. A que conta é a votación "individual". É un pouco lioso :D --Banjo tell me 09:03, 8 novembro 2007 (UTC)

Votos a favor, en contra e neutros[editar a fonte]

Creo que o mellor, para que queden máis claras as votacións, é que ademáis de votar nas seccións correspondentes de cada ún (A favor, en contra ou neutro) debería usarse:

  • Concordo para os votos a favor
  • Discordo para os votos en contra
  • Neutro para os neutros

Así ademáis de separar os votos en seccións podense identificar mellor á hora de facer reconto, e dan menos lugar a posibles confusións. --Banjo tell me 16:55, 15 novembro 2007 (UTC)

  • Estou de acordo con isto, non sei se os que votaron con Concordo se equivocaron de sección o non usaron o modelo que debían. De calquera maneira penso que lles teriamos que preguntar por se acaso. --Toliño Fala aquí comigo 17:01, 15 novembro 2007 (UTC)
  • Si, hailles que preguntar, para saber ben o sentido do seu voto. Se queredes xa o fago eu. AlberteSi, digame? 17:45, 15 novembro 2007 (UTC)

¿Onde vos parece que arquivemos as eleccións de burócratas?[editar a fonte]

¿Onde vos parece que arquivemos as eleccións de burócratas? ¿Na mesma páxina que teñen as dos administradores? ¿Noutra diferente? A min dáme igual--Lmbuga Commons - Galipedia 18:30, 3 xuño 2008 (UTC)

Na mesma páxina diría eu. AlberteSi, digame? 18:39, 3 xuño 2008 (UTC)