Conversa Wikipedia:Categorías

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

2 comentarios[editar a fonte]

Boas Usuario:Banjo. Un par de comentarios:

  • Coido que cómpre clarificar na medida do posible o apartado das categorías epónimas (ver isto).
  • No apartado das categorías administrativas, eu engadiría que deben levar todas o "Wikipedia" diante.

Grazas polo teu traballo! Saúdos! --Norrin (Fálame) 26 de xuño de 2017 ás 07:18 (UTC)[responder]

Ola Norrin. As dúas cuestións xa viñan recollidas na sección de Convención de nomes para as categorías, pero engadín unha explicación a maiores nas seccións correspondentes para que quede máis claro. Revisa por se consideras que aínda precisa algunha clarificación a maiores. Grazas! Banjo tell me 26 de xuño de 2017 ás 07:35 (UTC)[responder]

Cat-a-lot[editar a fonte]

Habería que engadir nalgún sitio a posibilidade de usar a ferramenta Cat-a-lot e quizais facer unha páxina de axuda de como se instala na Galipedia. En Commons xa está creada a axuda en galego, está en Commons:Axuda:Gadget-Cat-a-lot e podería ligarse a ela ou copiar parte do seu contido. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11 de agosto de 2017 ás 08:12 (UTC)[responder]

Non sendo un trebello propio da Galipedia, é máis axeitado incluír iso en Axuda:Categorías Banjo tell me 11 de agosto de 2017 ás 08:17 (UTC)[responder]
Como prefiras. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11 de agosto de 2017 ás 08:24 (UTC)[responder]

Categorías taxonómicas[editar a fonte]

Como norma xeral nos títulos de páxinas os nomes taxonómicos póñense en galego (pode haber casos excepcionais, de nomes galegos non referenciados que sexan difíciles de pasar ao galego ou se dubide entre varias formas e que por precaución se deixen en latín, o que máis adiante xa se poderá cambiar). Isto debería estenderse ás categorias de tipo taxonómico, que deberían estar en galego tamén. Por exemplo, Categoría:Cánidos e non Categoría:Canidae. Isto debería indicarse nas políticas, porque agora non hai unificación de criterios nese aspecto.--Miguelferig (conversa) 11 de agosto de 2017 ás 10:34 (UTC)[responder]