Conversa:Xesús Palmou

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Non entendo o porque de suprimir datos obxectivos, algúns tan relevantes como a súa segunda etapa como Conselleiro, a crise do PPdG ao redor da súa persoa no 2003 co sector ourensá, o seu recoñecido papel na saída de Cuiña da Xunta e a entrada de Núñez Feijoo, as eleccions municipais de maio de 2003 e a sucesión de Fraga no Congreso do 2006. As hemerotecas e o Diario Oficial de Galicia son abrumadores e converxentes no apoio destes feitos. Sen datos como estes nin siquera se entende a política galega actual. Por exemplo, o acontecido no último Congreso do PPdG de Ourense ou a nova política lingüística e autonómica de Feijóo. Haberá que acudir a outras enciclopedias para ter esas claves. Se o sei non incio este artigo que aparecía como un dos máis demandados. Creo que Atobar debera entrar en diálogo antes de acometer correccións que son borrados puros e simples de datos obxectivos algúns tan neutros como os profesionais e outros claves para entender a historia recente do país. Coa súa versión se perden datos absolutamente neutros incluído algo tan aséptico como as datas e e se adoece da máis mínima intelexibilidade, (se fala de que os conselleiros rebeldes son minados pero non se sabe cales eran as súas pretensións e nin siquera se sinala a consecuencia máis relevante: a saída de Cuiña do Goberno e a entrada de Feijóo). Por certo as propostas de administración única e o concepto de autoidentificación son de Manuel Fraga. A liña autodenominada galeguista, aínda que resulte paradoxal, débese a Fraga incluído o plano de normalización lingüística do que agora se afasta Feijóo. Curioso ¿non si?.

Saúdos cordiais.

--91.116.155.42 15:15, 21 de xullo de 2010 (UTC)xalundes--91.116.155.42 15:15, 21 de xullo de 2010 (UTC)

Non se trata dunha teima persoal, todo traballo é ben recibido aquí, sobre todo se trata de temas relacionados directamente con Galicia. Pero debes ter en conta que hai unha serie de normas que se deben cumprir, e nelas non cabe calquera tipo de contido para os artigos. Eu comezaría por visitar as ligazóns que tes na túa páxina de conversa para comprenderes en que consiste isto de construir unha enciclopedia. Revisando as túas edicións atopo, en principio, un exceso de subxectividade nas túas achegas ("un labor extenuante dende a secretaría xeral contribuiu a evitar un anunciado debacle do PP") e, sobre todo imposibles de verificar ("nomeamento foi interpretado como un afortalamento das influencia de Cuíña no Gabinete", "levou a cabo as directrices de José María Aznar para minar a rebeldía de conselleiros galeguistas", "operación dirixida polo Presidente da Deputación de Ourense Xosé Luis Baltar Pumar, presidente do partido nesa provincia e enfrontado a Palmou pola súa subordinación á dirección madrileña"). Debes ter en conta que todo o que se engade a un artigo debe poder ser verificado, e aínda que moitas das cousas que dis son vox populi, non hai ninguén que as poda documentar. Vendo o que escribiches, daba máis traballo volver a escribilo de novo que amañarlle os problemas, seguramente por iso foi borrado. Anímote a que continúes co traballo, polo que vexo es ben capaz de sacar de aquí un bo artigo. Se tes problemas ou dúbidas, pregunta e pide axuda, que estamos para iso. --Xoacas(ti si que es lindo, ho) 15:37, 21 de xullo de 2010 (UTC)
  • Por alusións: a reversión da túa edición masiva[1] e sen ningunha referencia vén despois de que outros catro usuarios experimentados e activos (eu o último deles) tivesen que ir peneirando -neutralizando- o artigo[2]. Como che dixen na túa páxina de conversa[3], hai un formato ao que nos cinguimos e unhas referencias que se fan indispensábeis para saír de dúbidas. Un outro detalle: todos temos opinión, pero isto non é un foro de debate. Grazas por contribuír coas túas edición, pero, por favor, acompáñaas de referencias contrastábeis e neutrais. E se precisas axuda, pregunta sen medo. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 15:32, 21 de xullo de 2010 (UTC)

Imos ver, levo editado a partir do 2006 preto de 1.000 artigos dende o anonimato e nunca me pasara nada parecido . Consonte as razóns esgrimidas sería insostible un artigo como o de Atobar relativo a Pío Moa, e non sería este o máis rechamante. O mesmo de Alberte Núñez Feijóo omite toda a súa acción política como presidente e constrínxese a unhas consideracións sobre a lingua máis propia da meritoria Mesa pola Normalización lingüística. As cuestións que teríades que responder para xustificar a desfeita do artigo son concretas e obxectivas. Vexamos:

  • ¿Foi Palmou asesor das Fundacións Semana Verde e de exposicións e Congresos da Estrada? Si ou non.
  • ¿Foi abogado en exercicio? Si ou non.
  • ¿Foi o secretario xeral do PPdG renunciando á Consellería de Xustiza pola directriz de non acumulación de cargos continuando o anterior secretario xeral na Consellería de Política Territorial? Si ou non.
  • ¿Saiu Cuiña do Gabinete Fraga tras a crise do Prestige en xaneiro de 2003? Si ou non.
  • ¿Os rebeldes do goberno Fraga eran unha pandilla de rillotes, inconformistas ao James Dean (rebeldes sen causa) ou explicitaron as súas posicións políticas en toda a prensa galega e estatal? Si ou non.
  • ¿Entrou Palmou de Conselleiro na remodelación de xaneiro do 2003? Si ou non
  • ¿Entrou Alberto Núñez Feijoo substituíndo a Cuíña? si ou non.
  • ¿O encerro que ocupou as primeiras páxinas da prensa galega por parte dos antigos membros de Centristas de Galicia capitaneados dende Ourense por Baltar foron unhas xornadas de xacarandaina ou un intento moi serio de deixar a Fraga en minoría se non se resolvía entre outras cousas a cuestión Palmou tal como os mesmos protagonistas expresaron a tódolos medios de comunicación con comida Fraga-Baltar no Vilas incluída? Si ou non
  • ¿Entrou de novo na Xunta tras as municipais de maio de 2003 das que como secretario xeral fora o máximo responsable en Galicia? Si ou non
  • ¿Foi Palmou facedor do Congreso do PPdG do 2006 onde Núñez Feijoo foi aclamado como sucesor de Fraga? Si ou non.

Pois todos os contidos relativos a estas cuestións, que son as que fan significativo ao personaxe, foron mutiladas. ¿Pretendedes que se funden todos estes feitos obxectivos e públicos tirando dunha abrumadora hemeroteca e de publicacións oficiais dun xeito desproporcionado en relación con artigos similares que si conteñen xuízos de valor que foron respetados sen tanto rigor desmedido? ¿acabarédesme pedindo copia en PDF da partida de nacemento de Palmou, para demostrarvos que realmente existiu? O único infundado e valorativo do artigo son xustamente os engadidos de Atobar que cualifica de conservador a un político que nunca se definiu como tal e que atribúe a Cuiña a paternidade dunha liña galeguista que como moito secundaba á de Fraga (a adminstración única e a autoidentificación citadas son propostas de Fraga, non de Cuíña). E por acabar xa, amigo e Atobar, ¿pódese soster con rigor que Cuiña reducía a súa influencia á Comarca do Deza? ¿seica eras moi noviño, ña xoia, nos 90 e non te enteraches do poder político do delfín de Fraga durante tres lexislaturas e media e xa antes como Presidente da Deputación de Pontevedra? ¿cómpren tamén para isto referencias? Sería ridículo fundar todo o anterior en enlaces con edicións da prensa escrita que por, numerosísimos, serían superfluos e disfuncionais.

Saúdos cordais

--91.116.155.42 17:56, 21 de xullo de 2010 (UTC)xalundes--91.116.155.42 17:56, 21 de xullo de 2010 (UTC)

  • Repito: achega referencias; isto non é un foro senón unha enciclopedia. Por outro lado, se pensas que os artigos de Pío Moa (inicialmente unha tradución de ca.wiki que despois mellorou coas achegas de Xoacas e creo que con algunha miña) ou Núñez Feijóo ou calquera outro están mal, mellóraos, pero con referencias, por suposto. E por último: modera, muda o ton acusatorio, rexístrate para que saibamos do teu facer (así poderemos comprobar se eses mil artigos creados que comentas nun futuro chegan a dous mil) e le a guía de edición, que a bo seguro che ha valer á hora de dares formato, o cal é imprescindíbel. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 18:07, 21 de xullo de 2010 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Xesús Palmou. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 8 de setembro de 2018 ás 09:10 (UTC)[responder]