Conversa:Uzbekistán

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Uzbequistán ou Usbequistán[editar a fonte]

A RAG toma "Uzbequistán". --Norrin (Fálame) 18 de marzo de 2014 ás 13:59 (UTC)[responder]

Tamén ten Usbequistán. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 19 de marzo de 2014 ás 11:28 (UTC)[responder]
Grazas Elisardojm, non me decatara. Que pouco serios estes da RAG ;) --Norrin (Fálame) 19 de marzo de 2014 ás 11:38 (UTC)[responder]
A forma Usbequistán xa non está recollida na RAG. Non entendo nada... paréceme moi pouco serio. Entón deberiamos cambiar todos os Usbequistán por Uzbequistán? Que opinades? --Chairego apc (conversa) 19 de xullo de 2015 ás 18:03 (UTC)[responder]
Home, a que manda realmente é a RAG, aínda que acabo de consultar o Gran Dicionario Xerais da Lingua e aparece como correcto, claro que é do 2009. Supoño que no artigo podería deixarse como nome alternativo, poñendo algo do estilo de "nalgunhas obras acéptase o termo Usbequistán" con esa referencia. Pero penso que si deberíamos cambialos, pero a ver o que di Norrin. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 19 de xullo de 2015 ás 22:26 (UTC)[responder]
A ver... O título do artigo é Uzbequistán xa, polo que en realidade as categorías deberían seguir esta forma con independencia de que Usbequsitán sexa correcto ou non, xa que as categorías deben seguir o nome do artigo principal. Persoalmente eu faría o cambio seguinte: 1) mudar as categorías a Uzbequistán, 2) No corpo do artigo non poñer o Usbequistán como forma válida, senón poñer: Uzbequistán[1][2], e que [1] sexa a referencia á RAG e [2] unha nota ao pé que diga que a forma Usbequistán tamén ten uso. En canto a facer o cambio nos artigos, pois é un fastidio, mais realmente non queda outra... a RAG é a RAG, e se tomamos Cambodja ou Kenya porque eles o din, pois non queda outra... --Norrin (Fálame) 20 de xullo de 2015 ás 06:54 (UTC)[responder]
Concordo con todo o que di Norrin. Ademais agora co bot de Banjo facer ese cambio non nos vai supor prácticamente nada, acaba de cambiar os Sudáfrica por Suráfrica e foi un visto e non visto. Chairego apc se ti tamén estás de acordo entón xa falo eu con Banjo para que me axude a cambiar eses artigos. Saúdos, Elisardojm (conversa) 20 de xullo de 2015 ás 07:48 (UTC)[responder]
Concordo Si, creo que o mellor é o que di Norrin. Por min adiante. --Chairego apc (conversa) 20 de xullo de 2015 ás 10:57 (UTC)[responder]

Feito! Feito! co bot de Banjo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 20 de xullo de 2015 ás 21:50 (UTC)[responder]