Conversa:Toquio

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Como poño na referencia, o DRAG escolleu a forma Tokio na definición monorraíl, non é unha referencia definitiva nin moito menos xa que nin sequera está na definición do xentilicio.--Sernostri (conversa) 5 de maio de 2014 ás 17:31 (UTC)[responder]

Se no DRAG aparece Tokio,[1] non debería ser esta a forma no nome do artigo?--Jglamela (conversa) 4 de xullo de 2016 ás 11:14 (UTC)[responder]
Jglamela neste caso acordamos deixalo así por ser a referencia moi feble como dicía Sernostri... en calquera caso, na entradiña do artigo están as dúas formas. --Norrin (Fálame) 4 de xullo de 2016 ás 11:27 (UTC)[responder]
De acordo, pensei que se aparecía no DRAG xa se consideraba validado (por exemplo Hiroshima aparece na definición de bomba). En calquera caso, modifiquei as referencias porque a da Universidade de Vigo ligaba a unha páxina inexistente e na nova edición da Universidade da Coruña recóllese Tokio.--Jglamela (conversa) 4 de xullo de 2016 ás 11:47 (UTC)[responder]

Agora mesmo, no DRAG aparece "Tokyo", con "y" [2]. --. HombreDHojalata.conversa 9 de outubro de 2022 ás 11:42 (UTC)[responder]