Conversa:Tiny Thompson

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Termos en inglés[editar a fonte]

Piquito, traducín varios termos en inglés, cando poidas revisa que estean ben, hai que evitar tantos termos en inglés, pode poñerse o termo orixinal entre parénteses, pero no texto debe estar traducido.

A maiores creo que o termo 'puck debería traducirse por disco, porque simplemente é iso. Pode poñerse o termo orixinal en inglés entre parénteses na primeira aparición da palabra para que se recoñeza o termo orixinal, pero no resto do artigo penso que debería cambiarse por disco, con ligazón a disco (hóckey). Como o ves? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 14 de decembro de 2017 ás 01:57 (UTC)[responder]

Se se cambia aquí tamén habería que cambialo no artigo de Vézina. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 14 de decembro de 2017 ás 01:58 (UTC)[responder]
E que me dis de cambiar puck por disco (hóckey), Piquito? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21 de decembro de 2017 ás 13:54 (UTC)[responder]
Elisardojm, podes mudar todo o que queiras e logo dicirmo, en principio non vexo mal o cambio, pero para axilizar o traballo creo que o mellor será que mudes os termos en inglés e logo eu os mire cando acabes a revisión e se non concordo con algún discutilo, deste xeito iremos máis rápido. Un saúdo e grazas pola revisión. Piquito (conversa) 24 de decembro de 2017 ás 01:28 (UTC)[responder]

Refs. estatísticas[editar a fonte]

Piquito, hai que poñer as referencias das estatísticas, non sei se veñen do mesmo sitio que no artigo de Vézina, cando teñas un momento, engádelas ti? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 14 de decembro de 2017 ás 08:17 (UTC)[responder]

Elisardojm, os datos estatísticos poden consultarse nos sitios web que aparecen ao final do artigo e que son de referencia (a web da NHL e a de hockeydb). O único que non aparece é a fugaz participación nos Mustangs, que non foi algo moi destacable, xa que non foron encontros dunha liga importante, de todos xeitos pode verse a estatística parcial en Eliteprosptects, que tamén é unha fonte fiable. Non creo que sexa necesario ter que engadir as páxinas que aparecen ao final tamén como referencia, de feito cando abres hockeydb o que aparecen xa son as estatísticas, e nada máis abrir o perfil na web da NHL tes a opción de estatísticas. Engado Eliteprospects ás ligazóns externas, pero poñer unha referencia nas táboas tal e como están non creo que sexa o máis estético, pero a información está referenciada. Un saúdo! Piquito (conversa) 15 de decembro de 2017 ás 22:49 (UTC)[responder]
Pero Piquito, pode poñerse unha nota similar á do artigo de Vézina, é que hai que dicir de onde sae a información. As ligazóns externas son para ampliar a información do artigo, a xente non sabe que eses datos veñen de aí... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 15 de decembro de 2017 ás 23:34 (UTC)[responder]
Feito! Feito! Elisardojm, mira se te convence o resultado, e se non te convence podes modificalo segundo o teu criterio. Un saúdo e grazas pola revisión. Piquito (conversa) 20 de decembro de 2017 ás 22:17 (UTC)[responder]
Eu creo que é mellor preguntar, aínda que sexa máis lento, é máis seguro e aforra traballo. Piquito, xa está cambiado o do puck, na primeira aparición deixei entre parénteses o termo en inglés. O resto de termos non vexo forma doada de traducilos, así que polo momento déixoos así. Saúdos, Elisardojm (conversa) 24 de decembro de 2017 ás 10:00 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (agosto 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 3 ligazóns externas en Tiny Thompson. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 28 de agosto de 2018 ás 04:58 (UTC)[responder]