Conversa:Sorpasso (política)

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Penso que este talvez sexa un artigo de borrado; por non ter entidade abond e por non ser senón un estranxeirismo (que amais non recolle ningún dicionario), e como tal non un concepto enciclopédico. Opinións? --Atobar (conversa comigo) 4 de maio de 2016 ás 17:08 (UTC)[responder]

Eu, como creador do artigo, teño que discordar. O termo sorpasso pode que non estea recollido en diccionario ningún (tampouco o están selfie, galegofobia e outros moitos termos con artigo na Wikipedia en galego; ademais, o diccionario de dúbidas Fundeu si o recolle, aínda que se refira ao castelán.). Por outra banda, considero que si ten relevancia enciclopédica, ao ser un termo empregado na linguaxe política, en case todos os medios de comunicación, e mesmo a propia Televisión de Galicia. Dacordo que é un estranxeirismo, pero non existe ningunha alternativa empregada na actualidade para se referir ao concepto que designa. Aporto tamén unha ligazón do blog do xornalista galego César Lorenzo Gil (A Nosa Terra), onde explica cómo empregar extranxeirismos na linguaxe política, e que pon como exemplo o termo "sorpasso".--ArtaiGZ (conversa) 4 de maio de 2016 ás 17:17 (UTC)[responder]
Aporto ligazóns onde se emprega o termo sorpasso en medios galegos:

--ArtaiGZ (conversa) 4 de maio de 2016 ás 17:24 (UTC)[responder]

Grazas, ArtaiGZ. A ver se alguén máis se anima a opinar. Aproveito para matizar as miñas palabras: eu non poño en cuestión que o termo se use (moito, dun tempo a esta parte); as dúbidas veñen máis polo lado de relevencia e do peso que poida ter o concepto sorpasso para dar nun artigo de seu. Aí sigo sen telo claro. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 4 de maio de 2016 ás 19:31 (UTC)[responder]