Conversa:Sony

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Afírmase que tivo uns ingresos "superiores aos 99 billóns de dólares". Non o puiden confirmar na páxina de Sony, que dá como referencia, pero sospeito que haberá un erro entre os "billions" americanos (mil millóns) e os "billóns" galegos (millón de millóns). ¿Alguén pode comprobar este dato? Pedro --Lameiro (conversa) 19:20, 27 marzo 2009 (UTC)

  • Semella que se cometeu ese habitual erro ao traducir do inglés. Polas gráficas que hai na referencia dada, parece que todo o contan en billions (mil millóns). Eu corrixiríao. --Toliño Fala aquí comigo 19:43, 27 marzo 2009 (UTC)
    • Pois sí, erro de tradución do inglés ao galego. A gráfica india 8.871 billóns de iens, que ao cambio e simplificando serían uns 8,8 billóns de dólares, e como se apuntou corretamente, un billón americano son mil millóns segundo o noso xeito de contar. Grazas e correxido --ZEph! 21:27, 27 marzo 2009 (UTC)

Certo apunte para os correcionistas[editar a fonte]

Axudaría bastante, por non dicir moito, que en vez de limitaros a poñer o carteliño de revisión, se apuntara nesta web de conversa os erros atopados coma se fixo aquí arriba o que diretamente se correxiran, que ésto é unha wikipedia e todos temos que colaborar e axudar. Un saudo. --ZEph! 21:34, 27 marzo 2009 (UTC)

  • Supoño que te refires á marca de atención que pide: "cómpre unha revisión da lingua e en menor medida do formato" (18:06, 27 marzo 2009 Atobar) ou "corrixo até a metade. Aínda queda un bo anaco por facer. Insisto: cómpre revisión total. Frases inconexas, contido pouco claro, subxectividade e falla de referencias, demasiadas grallas ortográficas" (23:18, 27 marzo 2009 Atobar). Polo que vexo, á parte dos moitos erros ortográficos e gramaticais xa corrixidos, aínda quedan bastantes que emendar. Como dis, Zeph, aquí todos estamos a colaborar e a axudar -e xa o facemos-, pero tamén a pedir ós colaboradores que se esforcen nunha redacción o máis correcta posible. Non podes pedir que veñamos os demais a corrixi-los teus erros se antes ti non fixeches o esforzo de revisa-lo texto e face-las túas propias correccións. Segue traballándoo que xa lle botaremos un ollo, tranquilo. Por certo ¿que quere dicir "alonxándose da tónica militar de xacando"? ¿qué é iso de "xacando"? Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 22:45, 28 marzo 2009 (UTC)

O da tónica militar non sei, pero o de xacando quere dicir: outrora, naquel tempo, naquel entón, en épocas pasadas, daquela, etc. Nunca o escoitaras, Pedro? Pois na montaña de Lugo aínda segue a dicirse. Xacando segundo o dicionario IrIndo: Antano ou noutro tempo. Por aquel tempo, noutrora. SIN: daquela, entón. E tamén está está recollido no Cumio e mais na RAG. Saúdos.--Atobar (conversa comigo) 23:16, 28 marzo 2009 (UTC)

Efectivamente, agora que o dis, si, si. Pero desde logo nunca o empregaría nesa construción. Cando o lin pensei que "se alonxaba da tónica militar de xacando" como se "xacando" fose unha compañía paralela a Sony, ou un país. Supoño que, daquela, o que se quere dicir é que Ibuka e Morita modificaron a súa empresa para abandona-la liña militar que tiña ata ese momento (e iso que xa crearan ese cocedoiro de arroz). Vale, acepto pulpo como animal de compañía pero ... ¿é intelixible a frase, tal como está escrita agora? Saudos, Pedro --Lameiro (conversa) 23:32, 28 marzo 2009 (UTC)

Desbotando/marcando diferencias con/deixando atrás os métodos militares de épocas pasadas. Mellor así? O próximo corrector do artigo que o teña en conta.--Atobar (conversa comigo) 23:36, 28 marzo 2009 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (agosto 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 3 ligazóns externas en Sony. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 27 de agosto de 2018 ás 22:21 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 4 ligazóns externas en Sony. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 7 de setembro de 2018 ás 14:50 (UTC)[responder]

Problemas ó arquivar ligazóns no artigo (setembro 2019)[editar a fonte]

Ola. Durante o proceso de arquivado déronse erros para unha ou máis ligazóns enviadas para o seu arquivo. Abaixo inclúense as ligazóns que tiveron un problema coa seguinte mensaxe de erro.

Esta será a única notificación en relación a estas ligazóns e non se farán máis intentos de arquivar estas ligazóns.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 16 de setembro de 2019 ás 03:53 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (setembro 2019)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 3 ligazóns externas en Sony. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 16 de setembro de 2019 ás 03:53 (UTC)[responder]