Conversa:Rosario Porto Ortega

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Non entendo o marcador de atención. Ó meu entender, nin Rosario Porto, nin os pais, nin o home nin a filla teñen relevancia para ter artigo propio pero, se se fixo artigo para todos eles, é que a alguén lle parecen relevantes. Sendo así, non entendo que o artigo dela faga pensar "que se trata dun artigo que pretende facer eloxio gratuíto ou escarnio da persoa ou propaganda da institución á cal se refire ou dea a impresión dunha importancia que en realidade non ten". Tras ler o artigo non vexo por ningures que se faga eloxio nin escarnio. E tampouco entendo que se poña o marcador neste artigo pero non nos demais da familia, porque se un o merece (o marcador), os demais tamén. Pedro --Lameiro (conversa) 21 de novembro de 2020 ás 19:12 (UTC)[responder]

Lameiro, cando puxen o marcador non se crearan esoutros artigos, despois diso non me decatei da existencia deles ata que vin o teu comentario. Que un usuario decida crear un artigo non é razón abondo para que se manteña, só debe manterse se ten un interese enciclopédico, cousa que entendo que non pasa con este artigo nin cos outros que mencionas e paso a abrir a consulta de borrado (dubido unicamente do artigo María do Socorro Ortega Romero xa que a Xunta editou un libro en recoñecemento seu e iso é algo.) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 24 de novembro de 2020 ás 17:19 (UTC)[responder]