Conversa:Ría de Aldán

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Nas fontes consultadas a de Aldán non é ría senón enseada--. HombreDHojalata.conversa 15:21, 7 de maio de 2011 (UTC)

Untitled[editar a fonte]

Pois si. Xa atopei fontes que lle chaman ría--. HombreDHojalata.conversa 15:24, 7 de maio de 2011 (UTC)
Eu dubido. Na enseada de Aldán non hai saída de auga co que as correntes do seu interior non teñen unha hidrodinámica como calquera das outras rías. Se prestamos atención a como xorde a ría de Pontevedra a nivel xeolóxico, penso que non cabe máis que considerala como unha parte exterior da ría de Pontevedra, só que con diferente orientación (N-S e non SO-NE como as demáis rías baixas). As publicacións de xeólogos que a citan non dubidan en denominala "enseada de Aldán" e considerala unha parte exterior da ría de Pontevedra, véxase: García-Gil et al. 2000 ou Durán et al. 2000. Porén, é certo que múltiples publicacións, p.ex, de zooloxía bentónica como Lourido et al. 2008 din "ría" e non "enseada". En principio, diría que ten que prevalecer o concepto de val fluvial cando se denomina a unha ría: e Aldán non o cumpre (véxase Rías de Galicia). Outra cousa sería a denominación popular... mais aí non podo opinar. Mgl.branco (conversa) 20 de setembro de 2015 ás 17:11 (UTC)[responder]
Para min non hai dúbida, son as publicacións especializadas en xeoloxía as que marcan o que é ría ou non, como a denomine un xornalista ou un zoólogo non implica nada, o que é relevante é o que digan os xeólogos, e polas referencias parece que é unha enseada e non unha ría.--HacheDous=0 (conversa) 20 de setembro de 2015 ás 17:42 (UTC)[responder]
Outra cousa é o nome, poderíase denominar ría de Aldán sen ser ría, se ese é o seu nome, pero non se pode dicir que é unha ría se é unha enseada.--HacheDous=0 (conversa) 20 de setembro de 2015 ás 17:49 (UTC)[responder]
Cambiei logo a enseada, iso si se hai fontes acreditadas que afirmen que é unha ría, entón habería que mudar de novo o texto ou ben falalo na conversa de novo.--HacheDous=0 (conversa) 20 de setembro de 2015 ás 17:58 (UTC)[responder]
Grazas, estou de acordo. Inda que se lle dea o nome de ría, teñen que prevalecer as fontes científicas, especialmente da xeoloxía. Mgl.branco (conversa) 25 de agosto de 2016 ás 11:39 (UTC)[responder]

Problemas ó arquivar ligazóns no artigo (setembro 2019)[editar a fonte]

Ola. Durante o proceso de arquivado déronse erros para unha ou máis ligazóns enviadas para o seu arquivo. Abaixo inclúense as ligazóns que tiveron un problema coa seguinte mensaxe de erro.

Esta será a única notificación en relación a estas ligazóns e non se farán máis intentos de arquivar estas ligazóns.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 15 de setembro de 2019 ás 19:27 (UTC)[responder]