Conversa:Pórtico do Paraíso

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

"Cómpre referencia"[editar a fonte]

@Elisardojm: penso que quizais tiveches algo de exceso de celo ao pedir referencias. Fíxate, por exemplo, no seguinte parágrafo da introdución:

Conde Cid supón a participación de dous grupos de escultores no proceso de construción do Tímpano. Fundamentalmente, un primeiro taller, ata 1230, que sería quen comezaría as obras e esculpiu a parte inferior (bases, columnas e os profetas e apóstolos); e un segundo taller desde 1230, responsable da parte dos arcos. Dentro dese primeiro taller distingue catro mans diferentes, a xulgar polo traballo dos pregues dos vestidos e a sensación de movemento que se consegue: unha esculpiría os profetas Oseas e Malaquías e os tres apóstolos descoñecidos; outro escultor sería o autor das estatuas de Ezequiel, Habacuc, Xonás e Isaías e, probablemente, dos apóstolos Xoán e André; un terceiro esculpiría os profetas Daniel e Xeremías e os apóstolos Santiago e Mateo; e un último escultor sería o responsable das figuras do profeta descoñecido e dos apóstolos Pedro e Paulo (Conde Cid: 100-101).[Cómpre referencia]

Leeo con detemento. Está perfectamente referenciado. Non se empregou <ref> </ref>, máis no propio corpo do texto indica claramente de onde ven a info. Os datos completos da fonte (Conde Cid, Natalia) constan na sección de bibliografía. En todo caso, voulle dar a esa sección de bibliografía unha volta de wikiformato, para que quede máis claro. --. HombreDHojalata.conversa 16 de novembro de 2017 ás 10:45 (UTC)[responder]

HombreDHojalata, tes razón, perdinme ó ver esa forma de engadir a referencia, nese caso o que había que facer é darlle formato axeitado para que quede máis claro, e axeitado ó estilo do resto dos artigos. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 16 de novembro de 2017 ás 12:32 (UTC)[responder]

Eliminar nota 4[editar a fonte]

A nota 4 comeza así: "En calquera caso, a comparación é inevitable..." e está baseada nunha páxina web non oficial e publicitaria. Non me parece unha referencia de calidade e, tendo en conta que ese contido xa ten unha referencia a Torralba Venegas 1997, p. 8., eu eliminaríaa. Se fai falta referenciar algo máis nese contido, o máis axeitado sería buscar unha referencia de maior calidade. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 17 de novembro de 2017 ás 08:46 (UTC)[responder]

Ollo. Realmente esa nota son dúas en unha. A segunda parte é a que está referenciada por Torralba Venegas 1997, p. 8. Debería dividirse en dúas e, si, concordo, eliminar a primeira parte. --. HombreDHojalata.conversa 17 de novembro de 2017 ás 09:01 (UTC)[responder]
HombreDHojalata, queres dicir que o texto: "De non ser polo Pórtico da Gloria ... esta obra sería considerada como un dos conxuntos máis importantes da época na que se vai avanzando cara a consolidación do primeiro gótico", está contido no libro de Torralba Venegas? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 17 de novembro de 2017 ás 09:39 (UTC)[responder]
Si. Páxina 8. O parágrafo di, literalmente: "Si no fuera por el Pótico de la Gloria, con sus importantísimos avances expresivos, esta obra sería considerada como uno de los conjuntos más importantes de la época en la que se va avanzando hacia la consolidación del primer gótico.". Unha vez eliminada a parte anterior, que era doutra fonte, e prescindible como ti comentabas, penso que agora quedou ben. --. HombreDHojalata.conversa 17 de novembro de 2017 ás 09:50 (UTC)[responder]
Xa o vin, curiosamente a ligazón ó pdf non me funciona no Firefox, pola contra si funciona no Exploter. Movín a referencia do pdf a "dentro" da nota, así referencia tanto o texto do artigo como a nota. Saúdos, Elisardojm (conversa) 17 de novembro de 2017 ás 20:14 (UTC)[responder]

Mellorar nota[editar a fonte]

Outra nota di: "Obsérvense nas fotografías os recios contrafortes que percorren a fachada occidental." Eu non teño claro que é un contraforte, os contrafortes non están polo exterior do muro? Exactamente, en que fotografía se pode ver iso? Creo que habería que mellorar a redacción e información desta nota. Saúdos, Elisardojm (conversa) 17 de novembro de 2017 ás 08:56 (UTC)[responder]

Mellorada. Ligadas as fotografías. --. HombreDHojalata.conversa 17 de novembro de 2017 ás 19:31 (UTC)[responder]
Xenial, así si que se ve claramente. Movín a imaxe da portada a Commons e metín alí unhas notas, porén ó acceder á imaxe dende a Gali non se ven, vou ver de copialas ó ficheiro de aquí.
Es unha máquina HombreDHojalata, xa o amañaches mentres escribía o comentario. Fun ver se podía copiar as notas aquí e resulta que xa o amañaras. Moitas grazas! Saúdos, --Elisardojm (conversa) 17 de novembro de 2017 ás 20:18 (UTC)[responder]

Outro cómpre ref[editar a fonte]

O primeiro cómpre ref. penso que ten que ser doado de atopar, se o mesmo texto di que o comentan eses autores, que ademais están na bibliografía. Habería que mirar se se ten acceso a algún deses libros e comprobar se comentan iso. A ver se logo fago unha busca diso. Saúdos, Elisardojm (conversa) 17 de novembro de 2017 ás 20:23 (UTC)[responder]

Este parágrafo: "En realidade, esta inscrición, "Juan Evangelista fecit", figura nun anxo trompeteiro hoxe conservado no museo da catedral e que nada ten que ver co pórtico,[3] tal como acreditan expertos como Serafín Moralejo, Ramón Yzquierdo Perrín, Xosé Carlos Valle Pérez e Eduardo Carrero Santamaría, polo que xa ninguén apoia esa atribución.", está sen referencia. Como comentei antes, segundo ese texto, a autoría do pórtico enténdese que non é do tal "Juan Evangelista", pero non se achegan as referencias ás obras deses autores nas que se poida basear tal afirmación. Eu busquei en internete e non din atopado nada. Quizais Lameiro poida conseguir esa referencia... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 19 de novembro de 2017 ás 18:18 (UTC)[responder]
Buff.., pero aínda que non teñamos acceso a esas fontes, sabes en que libros ou artigos se basea esa información? Porque se son opinións persoais que non están publicadas non se pode poñer toda esa retaíla. Eu entendo que non é moi normal que o autor do pórtico sexa precisamente un tal "Juan Evangelista", pero tamén supoño que haberá bastantes historiadores que dubidarían disto e que o publicarían nalgún sitio. A maiores, se cada un deses autores dubidan desa autoría, todos deberían telo publicado nalgún sitio. Penso que hai que amañar un pouco esa parte, buscar a referencia das obras nas que cada autor dubida da autoría e poñer só os autores que afirman isto, ou engadir a referencia na que se indica que é amplamente descartado actualmente, ou algo así, sen dicir exactamente que autores din isto... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 20 de novembro de 2017 ás 12:25 (UTC)[responder]
Eli. A teoría da autoría esa é exclusiva de Angel del Castillo, que morreu en 1961, con 75 anos de idade. Cando Lameiro redactou o artigo meteu o dato, creo eu, máis como unha anécdota que como outra cousa, para aclarar inmediatamente, no parágrafo seguinte, que é unha teoría errónea e porqué. Ninguén na historiografía da arte moderna lle da credibilidade. Ata tal punto que, coñecéndoa, nin a mencionan. E digo que a coñece todo o mundo porque o tochazo-libro, dunhas 935 páxinas (numeradas ata a 715 máis 220 de láminas), do Inventario monumental y artístico de Galicia é unha obra de referencia (eu mesmo son un mero afeccionado e teño un facsímile, impreso en 1987). E cando digo que nin a mencionan pode comprobarse procurando en calquera (en todos) os traballos que hai (dispoñibles online a maioría) na sección de bibliografía. Tampouco o mencionan na EGU, nin na GEG, nin nos libros de Cegarra e Yzquierdo que teño eu, nin na tese de doutoramento de Conde, de 326 páxinas.
Ti podes imaxinar un estudio do Pórtico da Gloria de Santiago que non mencione ao Mestre Mateo? Non crees que se houbera algunha teoría aceptada pola comunidade científica sobre quen é o autor do de Ourense aparecería mencionado en tódolos tratados? --. HombreDHojalata.conversa 21 de novembro de 2017 ás 23:16 (UTC)[responder]
HombreDHojalata, entendo que a información é correcta, porén esa parte habería que redactala doutra forma, non se pode ser tan específico e non dar ningunha referencia sobre iso. Eu creo podería amañarse de dúas formas:
  • cambiar a redacción e poñer algo xeral, como que "na historiografía da arte moderna esa atribución xa non é aceptada", engadindo unha nota que diga que nas principais obras sobre o pórtico non se indica nada sobre ese tema, e engadindo as referencias a esas obras, ou
  • deixar a relación de autores tal e como está, e engadir unha nota que diga que eses autores en tales obras sobre o pórtico non indican nada sobre ese tema, achegando como referencia os datos dos libros nos que traten sobre o pórtico (se todos eses autores teñen algunha obra centrada ou con gran información sobre o pórtico, os historiadores que non teñan ningunha obra sobre o tema habería que quitalos desa frase)... Saúdos, Elisardojm (conversa) 22 de novembro de 2017 ás 11:13 (UTC)[responder]

────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────Paréceme ben. Adiante. --. HombreDHojalata.conversa 22 de novembro de 2017 ás 21:40 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (abril 2019)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Pórtico do Paraíso. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 12 de abril de 2019 ás 08:00 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (novembro 2019)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 4 ligazóns externas en Pórtico do Paraíso. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 22 de novembro de 2019 ás 07:11 (UTC)[responder]