Conversa:Nóumeno

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Non estou moi posto en temas filosóficos, pero coido que o termo correcto é "nóumeno" e non "noúmeno". Alguén o pode aclarar? --Toliño Fala aquí comigo 17:19, 16 de maio de 2011 (UTC)

Non son de letras. E no meu bacharelato elemental, como son moi vello, só recibín, nos 4 cursos, clases de latín, pero non de grego. Aínda que a palabra é de orixe grega (inventouna Platón como νοούμενoν, que se transcribiría en caracteres latinos como noúmenon) para saber a correcta acentacíón en galego habería que saber a pronuncia en latín, pois a norma é a de adoptar a ortofonía latina, aínda que o termo sexa de orixe grega. Pero non sei se ten forma latina, porque o termo empezou a utilizarse modernamente, con Kant, en alemán; pero debe ter, porque neste idioma o termo é Noumenon (plural: Noumena), é dicir, en latín sen adaptar, como fan o alemán e o inglés coa terminoloxía do latín científico (ou New Latin, que din os ingleses. O malo é que o meu dicionario de alemán (Langensdheidt) non é moi amplo (é o que vén "Español-Alemán" e "Alemán-Español" nun só volume, teño que comprar o máis grande, en dous volumes de maior formato e páxinas, e que xa manexei hai tempo, que mo emprestaran —na miña carreira de químicas, como son moi vello, tiñamos que aprobar un exame de alemán científico [e mais outro de inglés]—).
As únicas referencias que teño, canto á pronuncia, son: ca noümen, es noúmeno, it noùmeno (escríbese sen acento gráfico, pero a pronuncia que dá o Zingarelli é isa), pt númeno (descoñezo as razóns para elidir o "o" da sílana nou). Por iso escollín, provisionalmente, noúmeno. Pero hai que ter en conta que, tanto o italiano coma o portugués son bastante dados a usar a ortofonía grega, e non a latina, en moitos casos. En castelán, faise como en galego, respéctase a pronuncia latina (pero do dicionario da RAE non hai que fiarse moito). A ver se hai por aí algún latinista que saiba a cantidade das sílabas do termo nou-me-non (e se nou é ditongo, como transcribo) para ver se o "e" de me é longo ou breve. Loxicamente, ao proceder dun épsilon (ε), e non dun eta (η), debería ser breve, pero seica hai excepcións, logo a palabra debería ser proparoxítona. Por outra parte, a pronuncia inglesa de noumenon, segundo o dicionario Webster's, é /ˈnümɘˌnän/. É dicir, que semella que o correcto en galego é noúmeno (pero pode ser tamén nóumeno, claro). Por iso teñen que falar os latinistas e os helenistas. Eu non sei nin latín, ni grego, nin inglés (nin nada).
Desculpade, Toliño e os demais que isto lean, esta longa parrafada sen base lingüística. ----Usuario:Xoio (Conversa Usuario:XoioÉche o que hai) 20:58, 16 de maio de 2011 (UTC)
  • VOLGa e Gran Xerais (2009): Nóumeno. Procedo a mover a páxina. --Atobar (conversa comigo) 21:32, 16 de maio de 2011 (UTC)

Onde lle poñemos o til?[editar a fonte]

Só podo dicir que o razoamento de Xoio é impecábel desde o punto de vista do grego e da acentuación dos helenismos. Son licenciado en grego e xa me gustaría a min lembrar cousas de ciencias do meu bacharelato como el se acorda do seu latín ;). Esta palabra debería aparecer como noúmenon (así aparece na primeira edición do gran Xerais), pois en grego constaba de catro sílabas no-u-me-non, sendo a penúltima breve, o cal fai que, segundo a pronuncia latina, sexa esdrúxula, cousa que tamén coincide coa pronuncia do grego. Non sei cal foi o criterio para acentuala nóumenon no VOLGA (e tamén na EGU), pero o máis propio sería noúmenon, pois temos un hiato, non un ditongo, e o u en hiato acentúase segundo as normas. --Servando2 (Dime) 22:37, 16 de maio de 2011 (UTC)

  • Pero xa sabes que nós non somos unha fonte primaria, Servando, co cal ten que ser primeiro a Academia a que cambie e despois nós poñelo debidamente. Todo o máis e de maneira moi excepcional e por erro evidente, podemos pór unha nota ao pé ou similar. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 22:43, 16 de maio de 2011 (UTC)
    • Ben sei. Só digo que, se esta é a opción que ao final toma a Academia (está pendente a aparición do Dicionario, seica) sería unha escolla equivocada, ao meu parecer. Estaría por ver que criterios empregaron para nóumenon; a mín escápanseme. Pero esta non é cousa nosa. --Servando2 (Dime) 23:21, 16 de maio de 2011 (UTC)
Voto por incluír a nota aclaratoria. --Toliño Fala aquí comigo 09:14, 18 de maio de 2011 (UTC)
  • Parece boa idea. Tería que ser máis ou menos o exposto por Xoio aí arriba pero de modo unha miga máis conciso e resumido. --Atobar (conversa comigo) 09:37, 18 de maio de 2011 (UTC)