Conversa:Lista de galegos asasinados en Mauthausen

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Esta é unha lista de todos os finados no campo ou de todos os asasinados alí? É dicir, algún deles morreu durante o cautiverio ou todos foron asasinados? --Norrin_strange (Fala-me) 11 de xullo de 2013 ás 10:37 (UTC)[responder]

Nesta lista vou recoller os 106 galegos que morreron en Mauthausen, a lista só recolle os documentados, aínda que hai moitos que desapareceron e dos que non se teñen referencias, por diversas razóns. Polo tanto a lista recolle os que morreron en Mauthausen, efectivamente algúns morreron durante a súa estancia, o que non sei é se podería ser considerado "asasinato", xa que aínda que non os mataran de maneira directa (por exemplo gaseados), as condicións ás que estaban sometidos era o que provocaba a morte. De todas formas, non teño problema en mover a lista a "Lista de galegos mortos en Mauthausen". --JaviP96 11 de xullo de 2013 ás 10:55 (UTC)[responder]