Conversa:Xoán de Borbón e Battenberg

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Conversa:Juan de Borbón y Battenberg»)

Non hai motivos para traducir o nome deste nobre, xa que non chegou a reinar. Debe moverse a Juan de Borbón y Battenberg. --Estevo(aei)pa o que queiras... 10:55, 13 de setembro de 2010 (UTC)

Xa está, aínda así deixo o ligazón desde Xoán de Borbón--AMPERIO 11:18, 13 de setembro de 2010 (UTC)
Aínda así penso que debería quedar como estaba posto que aínda que non tivera o título de rei si que tivo o de conde de Barcelona.--AMPERIO 11:21, 13 de setembro de 2010 (UTC)

Caixa de sucesión[editar a fonte]

Non vexo motivos para empregar a caixa de sucesión de reis de España. Houbo un rei ata 1936 e outro a partir de 1975, e polo medio non. Pretendentes ao trono de España houbo moitos, e ata a min mesmo facíame ilusión, pero non tiven sorte e tocoulle ao meu curmán Xoán Carlos. Se non hai argumentos en contra, en breve suprimireina. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 13:21, 13 de setembro de 2010 (UTC)

  • Non ten sentido mantela. Podela suprimir xa, Xoacas, que estás cousas moitas veces quedan esquecidas se non se fai no momento. --Atobar (conversa comigo) 13:37, 13 de setembro de 2010 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (agosto 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 2 ligazóns externas en Juan de Borbón y Battenberg. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 25 de agosto de 2018 ás 20:36 (UTC)[responder]