Conversa:Guerra civil finlandesa

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Imaxe na caixa[editar a fonte]

Discordo coa imaxe empregada na caixa, a fotografía dos jägers en Vaasa retrata a un dos bandos (o branco), propoño mudar a imaxe pola da batalla da Tampere (que non retrata ningún bando, senón a destrución da guerra), como nas Wikipedia en finés e en inglés. Piquito (conversa) 21 de decembro de 2018 ás 13:59 (UTC)[responder]

Por? --AMPERIO (conversa) 21 de decembro de 2018 ás 16:10 (UTC)[responder]
Para manter a neutralidade, retratar só un dos bandos non é neutral, pola contra, a imaxe de Tampere ilustra as consecuencias do conflito, ademais de que esa foi a batalla máis importante da contenda, é moito máis significativa que a de Vaasa (ademais de ser unha imaxe máis famosa). Piquito (conversa) 21 de decembro de 2018 ás 17:04 (UTC)[responder]
Famosa para quen? Salvo eses dous casos que citas o resto utilizan a imaxe que hai agora. En calquera caso, o artigo aínda non está rematado, agradezo o teu interese polo mesmo, pero preferiría que esperares a que o rematara para facer este tipo de suxestións, sobre todo por que non sabes se a ía cambiar despois. Grazas. --AMPERIO (conversa) 21 de decembro de 2018 ás 17:11 (UTC)[responder]
Non vexo ningún problema en indicar agora un problema que lle vexo xa de entrada, independentemente de como estea o artigo, non é escarnio. Independentemente da fama, os outros motivos expostos teñen o suficiente peso como para mudala, un conxunto de soldados na praza do mercado de Vaasa non retrata tan ben o conflito como os edificios danados de Tampere, entre outras cousas porque en Vaasa min sequera houbo guerra, era a capital do bando branco. Si, me interesa o artigo e o vou vixiar, non por desconfianza pero si por interese, e o mellorable que vexa o direi. Piquito (conversa) 21 de decembro de 2018 ás 17:29 (UTC)[responder]