Conversa:Gobernadores civís de Pontevedra

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Amancio Caamaño Cimadevila[editar a fonte]

Hai fontes que din que Amancio Caamaño Cimadevila foi Gobernador Civil de Pontevedra en 1934 e en 1936 (a propia Galipedia o di). Mais non aparece nesta listaxe. --. HombreDHojalata.conversa 8 de agosto de 2016 ás 22:49 (UTC)[responder]

1968, 1969 ou 1970?[editar a fonte]

Aparece publicada unha foto de Victoriano Otero da toma de posesión de Miguel Ángel Botana como alcalde de Sanxenxo en xaneiro de 1969 onde se identifica a Ignacio García López como gobernador civil de Pontevedra. Segunda a nosa listaxe, naquela altura o gobernador civil sería Ramón Encinas. Así que hai algo que está mal. Hai varias opcións:

  • A foto non se corresponde á toma de posesión de Botana, se ben parece selo. Claramente quen está ao seu lado é García López.
  • Botana non foi designado alcalde en 1969, senón en 1970, pero iso iría en contra da datación da foto e das distintas fontes que hai sobre a vida de Botana.
  • A nosa lista de gobernadores civís está mal.

Xas e HombreDHojalata, vós que traballastes máis neste artigo como o vedes? Vou marcar o dato cun cómpre-referencia, por se acaso. Moitas grazas pola vosa axuda. --Xabier Cid Talk 2 me, please 30 de xaneiro de 2021 ás 18:33 (UTC)[responder]

O decreto de nomeamento de Ignacio García López leva data do 24 de xaneiro e publicouse no BOE o 26 de xaneiro de 1970[1].--HacheDous=0 (conversa) 30 de xaneiro de 2021 ás 18:50 (UTC)[responder]
A solución máis sinxela e a máis probable é que a foto teña como motivo unha visita oficial do gobernador civil a Sanxenxo ao longo do seu mandato e non a toma de posesión como alcalde, que as fontes din que foi o ano anterior.--HacheDous=0 (conversa) 30 de xaneiro de 2021 ás 19:13 (UTC)[responder]
Ramón Encinas Diéguez cesou como gobernador civil de Pontevedra o 23 de xaneiro de 1970 sendo nomeado para o cargo Ignacio García López (El Pueblo Gallego, 24-1-1970, p. 1, 3.) que tomou posesión como gobernador civil de Pontevedra o 7 de febreiro de 1970 (El Pueblo Gallego, 8-2-1970, p. 13.). Xas (conversa) 30 de xaneiro de 2021 ás 20:39 (UTC)[responder]

Moitas grazas, Xas e HacheDous=0. Metín as vosas referencias no artigo, pero se queredes mudalas ou precisalas, adiante. --Xabier Cid Talk 2 me, please 31 de xaneiro de 2021 ás 09:58 (UTC)[responder]