Conversa:Gaio azul
Untitled[editar a fonte]
Ollo co nome científico. Coracias garrulus. En cursiva e o nome específico todo en minúscula. Saúdos e bo traballo.
- E por iso cómpre eliminar, digo eu, a redirección Coracias Garrulus → Carraca. Non creo que ninguén que busque aquí a páxina dunha ave escriba o nome específico con maiúscula. --XoioÉche o que hai 9 de xuño de 2014 ás 21:51 (UTC)
- Feito! Pedro --Lameiro (conversa) 9 de xuño de 2014 ás 22:58 (UTC)
Nome[editar a fonte]
Carraca e carraza son os nomes casteláns. Este nome non se lle dá en galego a esta ave. Os nomes que se teñen usado para ela en galego son gaio azul (Penas Patiño) e rolieiro (Conde Teira). Un deses dous ten que ser o nome da páxina.--Miguelferig (conversa) 23 de febreiro de 2019 ás 21:22 (UTC)
- Feito! movido a gaio azul, isto era moi doado Miguelferig :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 8 de marzo de 2019 ás 00:09 (UTC)
- Si, xa sei que era doado e sei como facelo, pero quería propoñelo primeiro por se había oposición ou se había algunha preferencia entre gaio azul e rolieiro. Pero, grazas.--Miguelferig (conversa) 8 de marzo de 2019 ás 17:41 (UTC)
- Ah, vale, como o atopei na Guía como gaio pois xa non o pensei máis, logo atopei a referencia a rolieiro e simplemente engadino. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 9 de marzo de 2019 ás 00:10 (UTC)
- Si, xa sei que era doado e sei como facelo, pero quería propoñelo primeiro por se había oposición ou se había algunha preferencia entre gaio azul e rolieiro. Pero, grazas.--Miguelferig (conversa) 8 de marzo de 2019 ás 17:41 (UTC)