Conversa:Fedor Stravinskii

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Stravinski ou Stravinskii[editar a fonte]

Como este é o pai de Igor Stravinskii, supoño que haberá que cambiarlle o apelido a Stravinskii tamén, e tamén á filla Soulima Stravinski, non Norrin?. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 3 de xullo de 2015 ás 08:22 (UTC)[responder]

Efectivamente, Elisardojm. E o seu nome sería "Fedor", non "Fiodor". No caso de Soulima xa non o teño tan claro, xa que xa naceu en Suíza, e posteriormente viviu nos EUA, polo que o seu nome xa non sería cirílico, senón que empregaría o alfabeto latino, e polo tanto, non habería que transliteralo. Penso que no caso de Soulima habería que optar por Soulima Stravinsky. Saúdos! --Norrin (Fálame) 3 de xullo de 2015 ás 08:43 (UTC)[responder]
Pero, imos deixar a Soulima cun apelido diferente do pai e do irmá? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 3 de xullo de 2015 ás 10:30 (UTC)[responder]
Tampouco é tan raro, os apelidos acaban variando entre xeneracións... :) É dicir, o problema é que o nome real de Fedor é Фёдор Стравинский, transliterado Fedor Stravinskii, e que o de Igor é Игорь Стравинский, transliterado Igor Stravinskii... porén, no caso de Soulima, o seu nome real era Soulima Stravinsky, xa en latino, polo que non cómpre romanizar. Outra diferencia é que non se chamaba Sviatoslav Soulima Igorovich Stravinskii, senón que ao nacer e ser legalmente suízo o Igorovich non aplica porque en Suíza non se seguen as regras patronímicas rusas. É realmente un caso similar ao de Jennifer Lopez, que o seu apelido non leva til aínda que o dos seus antecesores evidentemente o levaría... --Norrin (Fálame) 3 de xullo de 2015 ás 11:15 (UTC)[responder]
Tes toda a razón, pois cambiareino cando poida, moitas grazas :). Saúdos, Elisardojm (conversa) 3 de xullo de 2015 ás 11:44 (UTC)[responder]
Feito! Feito! Saúdos, Elisardojm (conversa) 3 de xullo de 2015 ás 12:13 (UTC)[responder]