Conversa:Fanny Bullock Workman

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Eu cambiaría este texto:

"A parella tivo dous fillos, mais Fanny non era unha muller de familia, polo que estes foron internados en varias escolas e quedaron a cargo de varias coidadoras, xa que Fanny víase a si mesma como unha "Nova Muller" que podía igualar a calquera home."

para un texto que os implicase de partida aos dous. Por exemplo:

"A parella tivo dous fillos, mais non se implicou no seu coidado, polo que estes foron internados en varias escolas e quedaron a cargo de varias coidadoras. Fanny víase a si mesma como unha "Nova Muller" que podía igualar a calquera home."

Outras propostas? Unhanova (conversa) 16 de xaneiro de 2018 ás 11:11 (UTC)[responder]

Feito! Feito! Banjo tell me 16 de xaneiro de 2018 ás 11:31 (UTC)[responder]

@Elisardojm: Non entendo este cambio: "Nesta expedición un dos seus guías italianos caeu nunha crevasse e faleceu, Fanny conseguiu escapar e o grupo decidiu continuar coa expedición" -> "Nesta expedición un dos seus guías italianos caeu nunha crevasse e faleceu, Fanny tivo sorte de escapar. Os demais estaban moi afectados pero decidiron continuar coa expedición." Banjo tell me 16 de xaneiro de 2018 ás 12:02 (UTC)[responder]

Nin este -> "páxinas de título" -> "páxinas de títulos" Banjo tell me 16 de xaneiro de 2018 ás 12:06 (UTC)[responder]
@Banjo:, o primeiro cambio fíxeno porque está así na wiki en inglés. O segundo non me convencía pero desfágoo porque non o teño claro. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 16 de xaneiro de 2018 ás 12:28 (UTC)[responder]
@Elisardojm:Eu entendo que o segundo é en singular ("páxinas de + tipo": páxinas de título, páxinas de índice etc.), por iso o puxera desa forma. "Fanny tivo sorte de escapar" é unha valoración moi subxectiva que ademáis de atribución require valoración e análise de porqué "tivo sorte". Por iso eu puxera "conseguiu escapar" (feito sen valoración). Considero máis axeitada esa outra redacción. Banjo tell me 16 de xaneiro de 2018 ás 12:33 (UTC)[responder]
Non vexo subxectivo dicir que alguén tivo sorte de non morrer nunha situación de risco, e entendo que esa información é verificable na fonte que se achega na seguinte frase que se refire á mesma situación. Pero se prefires simplificalo non teño problema. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 16 de xaneiro de 2018 ás 12:40 (UTC)[responder]

──────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────── A fonte non di nada de que tivera sorte. Di que o guía caeu en fronte dela, que ela non ía atada a el, e recolle declaracións de Fanny "My own escape from sharing his dire fate was quite miraculous", divagando sobre se foi o Kismet ou a "supervivencia do máis forte" o que lle salvou a ela... Dicir que foi sorte é valoralo subxectivamente. Dicir que evitou a caída é describir o feito sen máis, si considero que debería modificarse, por iso o redactara desa forma orixinalmente. Banjo tell me 16 de xaneiro de 2018 ás 12:55 (UTC)[responder]

Modifiquei a redacción. Banjo tell me 16 de xaneiro de 2018 ás 13:04 (UTC)[responder]

Ligazóns externas en sección libros[editar a fonte]

Na sección "Libros" as obras están indicadas como cita libro e aparecen con ligazóns externas, entendo que isto non debería estar así xa que non segue o Libro de estilo. Eu creo que habería que poñer esas citas como referencias e no artigo poñer simplemente os títulos dos libros e o ano. Que dis Banjo? Saúdos, Elisardojm (conversa) 16 de xaneiro de 2018 ás 12:32 (UTC)[responder]

O WP:LE non indica nada sobre as ligazóns externas máis aló da situación da sección correspondente. A política de ligazóns externas si indica "Por norma xeral as ligazóns externas non deben incluírse no corpo dos artigos". As ligazóns neste caso están integradas nos modelos {{cita libro}} para facilitar o acceso ás copias no IArchive, aproveitando que están en PD. Non ten sentido duplicar a información pasando o mesmo contido a unha referencia só para ignorar unha ligazón externa, que ademáis pode considerarse que non está no propio corpo do artigo, están nunha lista acotada a unha sección propia, non forman parte dunha redacción. Tería sentido se os títulos das obras tiveran ligazóns internas tamén, daquela daría conflito no modelo e sería unha solución, pero estando así non lle vexo problema. Banjo tell me 16 de xaneiro de 2018 ás 12:43 (UTC)[responder]
Vale, pois bo traballo entón. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 16 de xaneiro de 2018 ás 12:48 (UTC)[responder]

Esta un pouco descontextualizado no proxecto este artigo, non si? Ningún outro artigo liga cara a el. --. HombreDHojalata.conversa 29 de outubro de 2018 ás 09:16 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (outubro 2019)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Fanny Bullock Workman. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 29 de outubro de 2019 ás 05:16 (UTC)[responder]