Conversa:Estatua de Che Guevara en Oleiros

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ligazóns externas inapropiadas[editar a fonte]

O artigo contén dúas ligazóns externas (1, 2) cara dúas páxinas escritas polo propio usuario que creou o artigo. Nelas dinse cousas coma:

"Se non fose porque gelo é de sobra coñecido, el e as súas formas carentes de respeto a outras opinións e persoas"
"Estivemos calados mentras gelo despotricaba as súas pallas mentais"
"gelo o alcalde comunista do concello burgués de oleiros non deixa de abraiar. Negado en historia (en historia cubana) amosa ser outro paquete en matemáticas"
"Era ver a cara de asombro ollando pra os gelo boys chamándolles fascistas pra saber ben ás clara quen era quen"
"Ah, gelucho pra que a próxima vez non fagas o ridículo (cos números digo que en política é imposible)"

Estás ligazóns externas non son adecuadas e van en contra da política da Galipedia (WP:L) non se trata de páxinas neutrais, tratan o tema con expresións como as anteriores, case todas dedicadas a descualificar ao alcalde. Penso que deberían ser retiradas de inmediato, pero para que non suceda o mesmo que no artigo do Che (insistencia de Nemigo de engadir reiteradamente o prezo da estatua), deixo aquí a mensaxe por se Nemigo ten algunha obxección e tamén para que opinen outros usuarios. --JaviP96 29 de agosto de 2013 ás 20:01 (UTC)[responder]

Comentario A norma WP:L non di que as ligazóns externas teñan que ser neutrais. Di que debe poñerse o mesmo número de ligazóns externas a favor e en contra (como moito). Se ti pensas que as ligazóns que quitaches, que inclúen fotografías da inauguración, existen ligazóns con fotografías do mesmo acto a favor engádeas e volve poñer as que xa había. Saúdos --Nemigo 2 de setembro de 2013 ás 17:36 (UTC)[responder]

Concordo pero se o usuario que creou o artigo ten unha teima especial, xa que tan malo é ter amizade como inimizade á hora de crear artigos vencellados a persoas, co alcalde do concello temos un problema, xa que podería afectar á política de neutralidade, e todo o artigo podería estar baixo sospeita (e todas as edicións que fixera ese usuario con relación a esa persoa)--Sernostri (conversa) 29 de agosto de 2013 ás 20:23 (UTC)[responder]
Ese é un tema no que non entrei, como apuntou Sernostri, en WP:CONFLITO fálase de que se deben evitar aqueles artigos cos que se teña un alto nivel de implicación persoal. A min paréceme que este é un deses casos. Habería que revisar o artigo, a simple vista non inclúe ningunha descualificación, pero pode carecer información e reflexar o asunto de forma parcial. Unha das frases: "A nova da inauguración do monumento a Che Guevara foi difundida por medios de todo o mundo" é falsa, un par de periódicos suramericanos e outros españois non son medios de todo o mundo, ademais, na referencia que aportada non di nada diso (iso sen ter en conta que esta non é neutral [nela dise por exemplo: "hubiese representado el mejor bombazo informativo y la más clara evidencia de la naturaleza castrista y dictatorial de este alcalde impuesto por La habana."]). Non sei se sucede o mesmo con outras referencias. --JaviP96 29 de agosto de 2013 ás 20:49 (UTC)[responder]

Comentario Javi96 infórmanos que Honduras e Arxentina non están no estranxeiro. A nova da inauguración en The Guardian (ao norte da meseta javi) http://www.theguardian.com/world/2008/jun/28/spain e na páxina de Oleiros da wiki en español falan que o Taipei Times publicou a nova --Nemigo 2 de setembro de 2013 ás 17:58 (UTC)[responder]

──────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────── Se é como di Javi96 (neutralidade e non opinar nin participar en artigos nos que se teña "moita implicación persoal") debera aplicarse o conto. Alguén que di que o Che é unha persoa das máis influintes do século vinte... primeiro: dar exemplo. As ligazóns que el critica son ligazóns EXTERNAS e non están no artigo, son ligazóns para ampliar información, hai fotos e máis ligazóns a outros artigos con información. Tódolos datos incluidos no artigo está referenciados sobramente. E xa para rematar non ten senso algún que os que negan a incluir información nun artigo propoñan a creación doutro e cando ise artigo se fai volvan ao primeiro para criticar ao segundo e negar o que eles mesmos suxiren... si, eu tampouco o entendo. Pero si fai javi96 (admin da galipedia) unha interesante achega: incluir algunha ligazón ao texto do discurso do alcalde. Saúdos --Nemigo 2 de setembro de 2013 ás 16:14 (UTC)[responder]

    • Só dúas cousas, unha opinar pódese opinar pero se hai moita implicación persoal non se debe editar e iso debera ser unha regra fundamental, e dicir que Che Guevara é unhas das persoas con máis influencia do século XX, que sexa para ben ou para mal xa é outro conto, non é opinión é dar un dato [1]--Sernostri (conversa) 2 de setembro de 2013 ás 18:32 (UTC)[responder]
Perdoa, non é así. Se alguén pide e fala do que deben facer os demáis primeiro que se aplique o conto. E o conto foi que ese mesmo usuario pediu este artigo. O segundo, é que ese mesmo usuario ten posto en dúbida declaracións do che, sendo máis preciso: declaracións feitas na ONU. Feito máis que documentado. Unha cousa é dicir que o che é unha persoa influinte no século XX(?) segundo a revista Time (nesa mesma lista está Hitler) e outra é ser partidario del. Saúdos --Nemigo 2 de setembro de 2013 ás 19:54 (UTC)[responder]
Punto 8 de (WP:L): Que non debe ser enlazado (...)ligazóns a blogs persoais ou fotologs. --Paradanta (Cóntame) 2 de setembro de 2013 ás 21:26 (UTC)[responder]
O punto 8 completo pon: Ligazóns a blogs persoais ou fotologs (salvo que sexa aplicable algúns dos puntos anteriores referentes a Que debería ser enlazado ou Que podería ser enlazado). Javi96 falaba de ligazóns imparciais, segundo as normas só se pide o mesmo número, como moito. As ligazóns en dúbida non estaban referenciadas en ningún sito do texto eran ligazóns externas (fotos e ligazóns a listaxe de outras páxinas) non foron empregadas no artigo en ningún momento. saúdos --Nemigo 3 de setembro de 2013 ás 14:02 (UTC)[responder]
Nemigo, non sei que queres que che diga, creo que chega con dicir que estás mentindo. Pos na miña boca cousas que nunca dela saíron:
  • "Javi96 infórmanos que Honduras e Arxentina non están no estranxeiro." Cando o que dixen foi que porque en periódicos de dous países suramericanos e de España se fale de algo, non podes afirmar que "A nova da inauguración do monumento a Che Guevara foi difundida por medios de todo o mundo", ademais poñendo como referencia unha páxina da que xa falei máis arriba.
  • Dis que eu che pedín que crearas este artigo. Cando!? Onde!?
  • Dis que eu puxen en dúbida declaracións do che, cando o que fixen foi poñer o marcador {{cómpre referencia}} a unha cita que incluíches ti no artigo, utilizando como referencia unha páxina en wikisource, que contradí WP:NFP.

Agora resulta que por dicir que o che foi unha das persoas máis influentes do século XX, dato que confirma a revista time, non podo editar o seu artigo (cousa que só fixen en tres edicións menores e para retirar o prezo da estatua que teimabas en incluír). Creo que está clara a diferencia entre isto e o que ti dis nas dúas ligazóns sobre unha persoa viva de Galiza, coa que semellas ter unha relación de animadversión ou inimizade.

Sobre as ligazóns, claro que se poden incluír os distintos puntos de vista, pero un blog no que te dedicas máis a falar do alcalde que da estatua e nos termos no que o fas (véxanse as expresións recollidas máis arriba ou as ligazóns) non debe ser incluída nas ligazóns externas, ademais de que non se pode incluír ligazóns a páxinas persoais. --JaviP96 2 de setembro de 2013 ás 22:29 (UTC)[responder]

Pero cantos xornais de paises estranxeiros hai que poñer para que ti valides que foi unha nova de repercusión internacional? Na páxina do che reiterouse que non se engadían máis datos sobre a estatua do che e que se crease unha específica sobre ela. Ti puxeches un dúbida un discurso feito na ONU no que se daba ata a data na que se fixo a declaración, datos fácilmente verificables e que están incluidos noutras wikis. A revista Time non confirma que fose unha persoa influinte no século XX o Che. Se o confirmase sería porque alguén o dixo antes, cousa que non aconteceu e tampouco se cita esa previa ligazón. Time inclúe a Hitler nesa mesma lista e cando se lle pediron explicacións indicou que se incluía ás persoas para ben e para mal. Pola súa INFLUENCIA no século XX, xa fosen boas ou desprezables. Onde pon na wikipedia que non se poden incluir ligazóns a páxinas persoais? Pono no mesmo sitio onde dis tique se prohiben ligazóns externas parciais? A wikipedia está inzada de ligazóns persoais, unhas mellores que outras. Por outra banda reitero que esas ligazóns incluian fotos e ligazóns a outras páxinas con máis información. Información que ti quitaches e non aportaches ligazóns alternativas. O que tivo teima fuches ti en quitar o prezo da estatua non eu en poñelo. E tampouco agardaches a acordo ou decisión algunha actuaches pola túa conta. Saúdos --Nemigo 3 de setembro de 2013 ás 12:15 (UTC)[responder]

Non teimedes en discutir. Os dous perdedes o tempo en discusións que non van a ningures. Primeiramente, descoñezo se hai algún lugar onde diga qué páxinas se poden ou non ligar a un artigo desta Wikipedia, mais considero que non debera facer falta e primar un principio ético, persoalmente penso que non deberamos caer en regular absolutamente todo e confiar no bo facer e a seriedade da xente, entendo que hai cousas como as votacións que si hai que regular, mais regular ata qué ligazóns son axeitadas... creo que eso ten que ser de sentido común, é penso que todos concordaremos en que se nunha páxina se difama a unha personaxe non debera ser incluída, pero como é algo que vexo (e creo que a maioría dos usuarios concordarán comigo) tan lóxico non é preciso regulalo. Por outra banda, fun eu o que animou a Nemigo a crear o artigo, o fixen porque se ten información sobre un monumento de Galiza creo que é bo que se cre e de paso solucionábamos un "problema" noutro artigo. Nesta wiki, por desgracia, somos catro como quen di, creo que non debemos malgastar o tempo en rifar entre nos, creo que debemos pensar en medidas para achegar a Galipedia á xente, que se sumen máis editores, mellorar os artigos e crear máis artigos e artigos de calidade, atraer a máis mulleres ao proxecto... en definitiva, debemos pensar en crecer. Nemigo, recoméndoche non ser tan combativo, non é bo nin para ti nin para os que falen contigo na wiki (é unha recomendación persoal, tampouco son ninguén para dicir cómo ten que actuar cada un, a min facendo eso veime mellor persoalmente). Un saúdo!! Piquito (conversa) 3 de setembro de 2013 ás 14:09 (UTC)[responder]

Datos que faltan no artigo[editar a fonte]

No artigo poderíanse incluir os seguintes datos:

  • Nome da empresa (referenciada) que fixo a estatua. Só se sabe que era de Arteixo
  • Data na que se aprobou polo pleno do concello de oleiros a urbanización da rotonda de Nirvana
  • Listaxe das personalidades convidadas á inauguración
  • Discurso íntegro do alcalde de Oleiros na inauguración

Penso que achegaría unha visión máis completa. Saúdos --Nemigo 2 de setembro de 2013 ás 16:39 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 4 ligazóns externas en Estatua de Che Guevara en Oleiros. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 4 de setembro de 2018 ás 10:41 (UTC)[responder]