Conversa:Enrique Líster

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

  • Corrixidos erros de dixitación e actualizada a escrita segundo as recomendacións da normativa RAG de 2003. Ademais, mudei o de "batalla do Texo" polo topónimo galego, de modo que fica "batalla do Teixo". Saúde. --Sálvora 15:51, 20 de abril de 2010 (UTC)
    • Recuperei as formas anteriores, que aínda que non sexan as recomendadas son igualmente correctas. Na Galipedia adoitamos respecta-la elección que fixo o primeiro editor do artigo, e mantense esa forma (Galicia/Galiza, ata/até, ó/ao, ble/bel etc.). --Alberte Si, dígame? 17:34, 20 de abril de 2010 (UTC)
    • Nunha conversa con Atobar xa comentamos este punto e eu viña por aquí corrixir iso. Sinto ter dado traballo a outros editores. Mais vexo que xa está. Grazas, Alberte. --Sálvora 22:52, 20 de abril de 2010 (UTC)
  • Tamén se modificou o inicio do artigo, que parecia algo enleado. Acho ben. De todos modos, onde di "Enrique Liste Forján, coñecido como Enrique Líster", eu incluiría tamén a forma Henrique Líster, que está a gañar predicamento ao galeguizar o nome. Podería quedar así. "Enrique Liste Forján, coñecido como Enrique Líster ou Henrique Líster". É unha suxestión. Saúde. --Sálvora 22:54, 20 de abril de 2010 (UTC)
    • Se a forma Henrique ten uso na bibliografía sobre o persoeiro entón non hai problema ningún en poñelo. --Alberte Si, dígame? 16:51, 21 de abril de 2010 (UTC)
Penso que non é o caso. --Atobar (conversa comigo) 22:13, 21 de abril de 2010 (UTC)