Conversa:Elo

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Interwikis[editar a fonte]

E porqué se retiraron as ligazóns interlingüísticas? Foi un erro ou hai un motivo?--. HombreDHojalata.conversa 15:23, 28 de agosto de 2012 (UTC)

Non se trata dun erro. Erro era o que había antes. Na páxina orixinal ligábase a páxina de Elo (homónimos) ás doutras wikis Elo, que ten o significado de "sistema de puntuación", e que por iso cambiei por sistema de puntuación Elo (derivado do antropónimo Elö), que realmente é o que hai que ligar ás outras wikis, cousa que fixen.
Os outros elos, o que se dá en sentido recto, e mais no figurado, é voz patromonial ("cada un dos aneis compoñentes dunha cadea"), e que por iso puxen Elo (cadea), que haberá que facer (estou pensando niso) e, no seu caso, redirixir para o castelán eslabón (e outros que haxa). Pero na Galipedia... nin sequera temos cadea. (E quizais, se fago tanto elo de cadea, como cadea, poida que sexan artigos tan breves que me digades que non máis propios do Galizionario, e mos borredes). O problema xurdiu cando quixen adaptar un castelán un eslabón de las cadenas tróficas e, ao poñeren elo... saíume o (mal)dito "sistema de nmeración". --XoioÉche o que hai 20:15, 28 de agosto de 2012 (UTC) (trasladado dende [1])
Pois non entendo que teñen que ver todos eses argumentos que das. Se temos unha páxina de homónimos para "elo", é correcto que inclúa ligazóns interlingüísticas as páxinas de homonimos de "elo" noutras linguas, sexan cales sexan os conceptos que en cada lingua se inclúen, que non teñen porqué coincidir.
De todas maneiras non te preocupes, xa un bot repuxo as interwikis. --. HombreDHojalata.conversa 21:50, 29 de agosto de 2012 (UTC)